Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá comeza a XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa obra Ojos de agua


# Mércores, 21/01/2015
O programa inclúe once representacións de obras no Auditorio municipal e traerá a Lugo a actores como Charo López, Cristina Castaño ou Javier Gurruchaga

Un das novidades será que cada obra terá unha tapa específica que se poderá degustar en once establecementos diferentes da cidade

Mañá xoves 22 comeza a XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa obra teatral Ojos de agua  interpretado por Charo López. Todas as funcións terán lugar ás 20.30 horas, agás o espectáculo familiar do domingo 8 de febreiro que terá lugar ás 18.30 horas.

Unha das grandes novidades é no sistema de venda de entrada xa que se poderán mercar a través da web entradaslugo.es  ou no propio Auditorio Gustavo Freire. As entradas poderanse mercar dende o 17 de xaneiro ata 3 horas antes do comezo de cada función na web entradaslugo.es e no auditorio, os venres ata o 27 de febreiro, das 18.00 ás 21.00 horas e o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo sen necesidade de acudir a buscalas no Centro de Interpretación da Muralla. As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Un ano máis, a Mostra de Teatro Clásico de Lugo reunirá aos mellores pezas teatrais e os mellores actores a nivel nacional. Así, o sábado día 24 de xaneiro, Teatro Meridional representará Romeo, dirixido por Álvaro Lavín e coa interpretación de Bernabé Fernández, Alex Barahona e Javier Hernández.

Para o xoves 29 de xaneiro está programada a representación de Matar al rey (Un thriller medieval na Castela do século XV, a cargo da compañía Arden Producciones, baixo a dirección de Chema Cardeña e cun plantel de actores formado por Jose Carlos Garés, Rosa López, Chema Cardeña, Iria Márquez e Jaime Vicedo. O sábado 31 de xaneiro a compañía Teatro Corsario, presenta Clásicos Cómicos entremeses de burlas dirixido po Jesús Peña e con actores como Luis Miguel García, ou Anahí var der Blick.

O domingo 1 de febreiro a compañía Os monicreques de kukas e zoar ensemble, representarán unha obra para público familiar baixo a dirección de Isabel Rey e Kukas, que porán en escea  A frauta máxica no maxín, revisión da ópera de Mozart para monicreques de fíos e quinteto de vento. Será ás 18.30 horas. A Compañía TDM Compañía Teatro de la Danza presenta a obra El lenguaje de tus ojos o el príncipe travestido dirixido por  Amelia Ochandiano e que conta con actores como Cristina Castaño, Itziar Atienza, Jacobo Dicenta, Iker Lastra, Juan Gea e Beatriz Bergamín. Será o sábado 7 de febreiro.

O domingo 8 de febreiro volverá a haber unha obra para público familiar. Trátase de posta en escea de 1,2,3 Macbeth ,da compañía Anem Anant Teatre e será ás 18.30 horas. O xoves 19 de febreiro, a compañía Voadora, escenificará o A Tempestade de William Shakespeare, dirixida por Marta Pazos e coa actuación dos actores Hugo Torres, Olalla Tesouro, Fernando Epelde, Diego Anido, Borja Fernández, Guillermo Weickert, José Díaz, Iván Marcos e Sergio Zearreta.

Bobas & Galegas, Mofa & Befa no Século de Ouro, será a obra que representará a compañía Producións Teatrais Excéntricas o sábado 21 de febreiro. Esta comedia está dirixida por Quico Cadaval e conta cos actores Evaristo Calvo e Victor Mosqueira. O xoves 26 de febreiro porase en escea Pluto de Aristófanes  a cargo da compañía Pentación e dirixida por Magüi Mira. Conta con actores como Javier Gurruchaga, Marisol Ayuso, Marcial Álvarez, Jorge Roelas, Ana Labordeta, Juan Meseguer, Sergio Otegui, Toni Miso e Cayetano Fernández. A Mostra rematará coa posta en escena de La flaura mágica, variaciones dei Furbi, adaptación da ópera de Mozart, a cargo da compañía Dei Furbi. Este espectáculo conta coa dirección de Gemma Beltrán e a interpretación de Robert González, Queralt Albinyana, Anna Herebia, David Marcé, Albert Mora e Llorenç González.

Teatro Clásico+ Puro Sabor
Este ano como novidade desta mostra é a mestura de teatro e gastronomía  xa que once restaurantes da cidade crearán unha tapa especial para cada unha das obras teatrais e que se poderán degustar entre o 22 de xaneiro e o 28 de febreiro. Os establecementos participantes son:

- Restaurante Campos cunha tapa de Empanada negra de mexillón en escabeche.
- Mesón de Alberto con Pasta fresca rechea de capón asado con curry.
- Taberna do España cunha tapa de Carrilleira de porco celta con emulsión de pataca.
- Restaurante Manuel Manuel  coa tapa Amor...E un corno!
- Restaurante Mangiarte coa tapa Silencio de Papageno
- Restaurante La Encina con A esencia de Marivaux
- Canela Bakery Coffee cunha Tosta de verduras asadas, ollo de paspallás e xuliana de ibérico.
- Arrocería Os Cachivaches coa tapa A vinganza de Próspero.
- O Mercado Street Food  cunha Fajita de lacón galego.
- Restaurante Paprica terá Lentellas con foie gras.
- Restaurante España cunha tapa Canelón de galo de curral, migas crocantes e ensalada de brotes.

O prezo da tapa é de 2 € e o público asistente poderá gozar delas de balde se son dos 50 primeiros bonos vendidos a través do portal web e os 20 primeiros adquiridos no Auditorio. Tamén poderán degustar as tapas de balde as 50 primeiras entradas vendidas a través do portal web e as 20 primeiras adquiridas no Auditorio para cada unha das funcións. En todos os casos premiaranse cun vale para cambiar pola tapa do establecemento correspondente. Os bonos e as entradas vendidos a través do portal web que resulten premiados recibirán no correo-e un aviso que deberán presentar no auditorio para poder recoller os seus vales. Este troco realizarase sempre ao rematar a función, para non entorpecer o discorrer do funcionamento da billeteira.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova