Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo invirte máis de 3 millóns de euros nos programas de coidados aos nosos maiores


# Xoves, 22/01/2015
Os servizos de atención no fogar, centros de día e xantar no fogar atenden a preto de 700 usuarios anualmente

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, deu conta esta mañá dos datos dos servizos de atención e coidado para maiores e dependentes creados polo Concello de Lugo como son o Servizos de Axuda no Fogar, os centros de dia e o servizos de Xantar no Fogar.

González Abelleira indicou que “o Concello de Lugo aposta polas persoas máis vulnerablese neste caso invertindo máis de 3 millóns de euros directamente nos nosos maiores a través destes servizos”. Neste sentido lembrou que o orzamento para servizos sociais para o 2015 é de 8.220.000 euros, máis de 800.000 euros que o ano pasado.

Dende o Concello lévanse a cabo diferentes programas de atención a persoas maiores, concretamente no Servizo de Atención no Fogar actualmente aténdese a 453 persoas nos seus propios domicilios. Esta é unha aposta forte do Goberno Local para atender ás persoas no seu entorno e que poidan recibir cuidados nas súas vivendas e coas súas familias segundo explicou a responsable da área de Benestar Social. Neste servizo invertíronse ao longo do 2014  máis de 1.579.000 euros anuais.

Por outro lado, nos centros de día aténdese actualmente a 131 persoas repartidos nos centro de día propio como é o Antonio Gandoy, con 50 prazas e nos dous centros concertados, Alalás e Arroupar, que completan a oferta de prazas, e onde os usuarios poden estar a xornada completa ou media xornada. O orzamento executado do 2014 neste ámbito foi de máis de 700.000 euros.

Finalmente, está o programa Xantar no Fogar dirixido a persoas maiores que viven soas e que non teñen recursos ou non cociñan para darlles a oportunidade de ter unha dieta equilibrada e unha alimentación axeitada no seu fogar e que conta con 59 usuarios. Así ao longo do ano 2014 repartíronse 13.105 menús cunha inversión próxima aos 70.000 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova