Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo que reunirá ás mellores pezas teatrais e aos mellores actores a nivel nacional


# Xoves, 22/01/2015
Unha das novidades desta edición será que cada obra terá unha tapa específica que se poderá degustar en once establecementos diferentes da cidade

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou de que “un ano máis, a Mostra de Teatro Clásico de Lugo reunirá ás mellores pezas teatrais e aos mellores actores a nivel nacional”. O programa desta mostra inclúe once representacións de obras no Auditorio Municipal Gustavo Freire e traerá a Lugo a actores tan importantes como Charo López, Cristina Castaño ou Javier Gurruchaga. 

A Concelleira de Cultura destacou que “se prevé que máis de seis mil persoas asistan á XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo, que comeza hoxe coa obra teatral Ojos de agua  interpretada por Charo López”. Todas as funcións terán lugar ás 20:30 horas, agás os espectáculos familiares dos domingos 1 e 8 de febreiro que terán lugar ás 18:30 horas.

As entradas poderanse mercar dende o 17 de xaneiro ata 3 horas antes do comezo de cada función na web http://entradaslugo.es e no propio Auditorio Gustavo Freire, os venres ata o 27 de febreiro, das 18:00 ás 21:00 horas e o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo sen necesidade por primeira vez de acudir a buscalas no Centro de Interpretación da Muralla. As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Teatro Clásico+ Puro Sabor
Carmen Basadre resaltou que “este ano como novidade desta mostra é a mestura de teatro e gastronomía”, xa que once restaurantes da cidade crearán unha tapa especial para cada unha das obras teatrais e que se poderán degustar entre o 22 de xaneiro e o 28 de febreiro. A Concelleira tamén quixo destacar que “isto tamén é un aliciente máis e algo novidoso, xa que o teatro clásico xunto coa boa gastronomía tamén son Cultura e un pracer do que poder disfrutar”.

O prezo da tapa é de 2 euros e o público asistente poderá gozar delas de balde se son dos 50 primeiros bonos vendidos a través do portal web e os 20 primeiros adquiridos no Auditorio. Tamén poderán degustar as tapas de balde as 50 primeiras entradas vendidas a través do portal web e as 20 primeiras adquiridas no Auditorio para cada unha das funcións. En todos os casos premiaranse cun vale para cambiar pola tapa do establecemento correspondente. Os bonos e as entradas vendidos a través do portal web que resulten premiados recibirán no correo-e un aviso que deberán presentar no auditorio para poder recoller os seus vales. Este troco realizarase sempre ao rematar a función, para non entorpecer o discorrer do funcionamento da billeteira.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova