Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello traballa na aplicación da Lei de Transparencia que debe estar en vigor a final de ano


# Venres, 23/01/2015
Creada unha Comisión que decidirá cómo facer máis accesible a información ós cidadáns dado que o Concello de Lugo xa expón a maioría dos documentos requeridos pola Lei 

A Xunta de Goberno aproba a exención da factura electrónica para importes inferiores a 5.000 euros
 
O Concello de Lugo vén de crear unha Comisión de traballo que se ocupará da posta en práctica da Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

O Alcalde, José López Orozco, ditou un decreto polo que se crea un Grupo de traballo para a aplicación da Lei de Transparencia no Concello de Lugo e esta Comisión terá  como misión estudar os criterios e bases para favorecer o acceso de todos os cidadáns á información desta institución.

O Alcalde liderará este traballo e será quen presida esta Comisión, da que formarán parte o Secretario Xeral do Pleno, a Xefa de Sección de Estatística, así como dous técnicos dos servizos de Contratación e Informática.

O obxectivo deste Grupo de traballo é sentar as bases que no futuro rexerán o cumprimento das prescricións da Lei de transparencia no ámbito do Concello de Lugo, e tamén ten a finalidade de reforzar, aínda máis se cabe, a participación veciñal e a consolidación da democracia.

Esta Comisión terá entre os seus traballos a eleccción do mellor sistema para facer máis accesible para todos os cidadáns a información que xenera o Concello de Lugo, coa simplificación da maneira para poder consultala, sexa a través dun acceso directo dende a web municipal www.lugo.es ou ben coa creación dun portal específico adicado exclusivamente á transparencia.

No caso do Concello de Lugo, apenas haberá que incorporar nova información distinta da que xa está dispoñible na web municipal www.lugo.es, dado que xa se atopan nela moitos dos documentos que a Lei de Transparencia obriga a facer públicos como poden ser a estrutura da administración, as ordenanzas municipais, os contratos, as subvencións, o rexistro de intereses da Corporación, etc. En todo caso, para o Goberno local é necesario simplificar os pasos para garantir un fácil acceso a toda esa  información e, para elo, buscarase o canle máis idóneo.

O Goberno local considera que, para favorecer o acceso á información municipal por parte dos lucenses e facer así do Concello de Lugo unha administración aínda máis transparente, fase precisa unha simplificación e facer máis sinxelo o procedemento para atopar os distintos documentos que poidan ser de interese por parte de calquer cidadán.

Asímesmo, tamén se incorporará información que, na actualidade, non figura na web municipal como pode ser o currículum de todos os membros da Corporación Municipal.

As entidades locais teñen de prazo ata o 31 de decembro deste ano para dar cumprimento ás obrigas contidas na Lei de Transparencia.

Boa nota en Transparencia

O Concello de Lugo recibe sempre moi boa calificación no Indice deTransparencia das Administracións Locais, a  prestixiosa avaliación que realiza periódicamente a recoñecida ONG Transparencia Internacional.

Como é sabido, o Concello de Lugo volveu liderar en 2012 o ránking de transparencia municipal dos concellos galegos que analizou esta acreditada ONG. Ademais, o Concello de Lugo superou a media nacional en todos os apartados analizados nese Índice que avalían os seguintes aspectos: información sobre a Corporación municipal, relacións cos cidadáns e a sociedade, transparencia económico-financieira, transparencia nas contratacións de servizos, transparencia en materia de Urbanismo e obras públicas e indicadores da nova Lei de Transparencia.

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto de modificación da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica co fin de facilitar que os pequenos proveedores queden exentos da obriga de empregar a factura electrónica.

Como xa anunciara a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, o Goberno local decidiu que queden exentas desta obriga todas as facturas que teñan un importe inferior a 5.000 euros co obxectivo de darlles as máximas facilidades ós pequenos proveedores que poden seguir presentando en papel e por Rexistro as súas facturas. Para elo, é necesaria a modificación da Ordenanza da Administración Electrónica, coa inclusión dun apartado específico adicado á factura electrónica no que se inclúe a devandita exención.

Coa finalidade de adoptar este acordo, reuniuse hoxe a Xunta de Goberno Local nunha sesión extraordinaria e urxente, coa finalidade de que a decisión poida ser ratificada no vindeiro Pleno pola Corporación municipal.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova