Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Está aberto o prazo para participar no concurso co que se escollerá o cartel do Arde Lucus MMXV ata o día 23 de febreiro


# Martes, 27/01/2015
Carmen Basadre anunciou a creación de dous novos grupos de cara o Arde Lucus: amazonas e gladiadores e mitolixia romana

 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as bases para participar no Concurso do cartel Arde Lucus 2014 e que ten de prazo ata o 23 de febreiro. 

Desta maneira, por cuarto ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espíritu da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía con traballos en A3. Os carteis obrigatoriamente terán que levar os seguintes compoñentes: Arde Lucus XXMMV, Festa de Interese Turistico Galego, a web do Arde Lucus, a data de celebración que serán os días, 19, 20 e 21 de xuño e os logotipos das redes sociais. 

Carmen Basadre sinalou que “se vai valorar os deseños que reflicten o espíritu da festa do Arde Lucus e que recollan a reconstrución histórica e a volta da cidade a época da súa fundación”. O premio para o gañador é de 1.000 euros.Os interesados poderán deixar os seus traballos nun sobre pechado na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.

Novos grupos: amazonas, gladiadores e mitoloxia romana

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén anunciou esta mañá a creación de dous novos grupos para o Arde Lucus, sería un de amazonas e gladiadores e outro de mitoloxia romana. Estes sumaranse aos que xa existen como son o das vestais, asamblearias e o senado.

O prazo para inscribirse nos obradoiros comezan o 2 de febreiro e remata o día 8 de marzo e as persoas interesadas poderán facelo nas Oficinas de Xuventude no Centro Convivencia Uxio Novoneyra. A participación nestes obradoiros implica o compromiso de participación en todas as representacións derivadas deste obradoiro durante o Arde Lucus 2015. Ademais no caso do grupo dos gladiadores contarán coa oportunidade de ser entrenados no mes de xuño polos especialistas da única escola de gladiadores italiana.

I Xogos Romanos

Carmen Basadre tamén presentou os I Xogos Romanos de taboleiro. Trátase dunha actividade xurdida dentro do marco de colaboración cultural entre Lugo e Braga e coa que se favorece a aprendizaxe nas áreas de Historia, Xeografía, Matemáticas e Tecnoloxía.

Carmen Basadre explicou que estas actividades están dirixidas aos 21 colexios de primaria e seis centros de educación especial como son Aspnais, Adace, Down, Raiolas, Asorlu e ONCE, e coñeceran as normas dos tres xogos de taboleiro romanos: ludus latrunculorum, o Merellus e o Seega. Estes tres xogos de estratexia serán o eixo en torno ao cal se levará a cabo unha xornada de encontros entre centros lucenses participantes o sábado 9 de maio do 2015. 

O punto final da actividade será o 22 de maio en Braga que permitirá aos colexios gañadores lucenses competir con alumnos portugues e ademais poder coñecer a cidade de Braga. O prazo de inscrición para participar nestas actividades remata o venres 6 de febreiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova