Imprimir

VINTE MOZOS E MOZAS LUCENSES FARÁN PRÁCTICAS EN EMPRESAS DE AUSTRIA, ITALIA E O REINO UNIDO GRAZAS A UNHA INICIATIVA DO CONCELLO QUE CONTA CON FINANCIACIÓN DA UE


27/1/2015 O Alcalde e a Concelleira de Educación despediron ós xóvenes beneficiarios do programa Lugoquálitas 3 que pasarán tres meses e medio en Viena, Florencia e Belfast

López Orozco pediulles que aproveiten esta oportunidade que lles brinda o programa Lugoquálitas para estrearse no mercado laboral, completar a formación na súa especialidade e aprender idiomas


O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, despediron hoxe a 20 mozos que farán prácticas en empresas de Austria, Italia e do Reino Unido grazas ó programa Lugoquálitas 3, do Concello de Lugo, que conta con financiamento municipal e da Unión Europea, dentro do programa Leonardo da Vinci. O presuposto total do proxecto é de case 124.000 euros.

O Alcalde e a Concelleira de Educación tamén visitaron ós participantes nunhas xornadas sobre Marketing Dixital que se desenvolve hoxe e mañá no CEI, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias. Nel participan 70 empresarios, emprendedores e tamén alumnos das accións formativas de Lugo Emprego Activo 2.

Os dous actos tiveron lugar esta mañá en instalacións do CEI-Nodus e do Espazo>Lab.
 
Na despedida ós participantes na terceira edición do programa Lugoquálitas, o Alcalde felicitou ós 20 mozos e mozas seleccionados para participar neste programa de prácticas en empresas estranxeiras o que lles permitirá completar a súa formación, introducirse no mercado laboral e aprender ou perfeccionar un idioma estranxeiro.

López Orozco animounos a aproveitar ó máximo esta experiencia e díxolles ós mozos e mozas que son un orgullo para Lugo.

Os beneficiarios destas bolsas, que teñen distintas titulacións, sobre todo en enxeñerías e empresariais, viaxarán este venres a Florencia, Viena e Belfast onde permanecerán ata o 9 de maio.

80 beneficiarios nas tres edicións de Lugoquálitas

O Concello de Lugo, ó abeiro do Programa Leonardo da Vinci de Aprendizaxe permanente, realizou ata a data tres edicións do proxecto Lugoquálitas dos que se beneficiaron un total de 80 mozos e mozas lucenses.

Estes proxectos están dirixidos á realización, por parte de mozos/as titulados universitarios e/ou formación profesional, de prácticas en empresas europeas relacionadas coas titulacións que posúen.

Nesta terceira edición do programa Lugoquálitas participan 20 persoas e os países de destino son Italia (Florencia), Austria (Viena) e Reino Unido (Belfast). As titulacións, igual que nas edicións anteriores, teñen  primando as inxenierias e empresariais.

As estancias comenzan o día 30 de xaneiro e rematarán o 9 de maio, completando así un programa de 14 semanas de estadía das que as tres primeiras estarán adicadas a un curso intensivo do idioma do pais de destino, e as 11 seguintes se adicarán a realizar prácticas en empresas relacionadas cos seus sectores de estudos.

En todos os casos, os mozos e mozas participantes reciben o pago de aloxamento, titorización de prácticas, busca de empresas, xestión de titulacións, pago das viaxes de ida e volta, e unha axuda de 450 euros.

O presuposto do proxecto actual é de 123.649 euros dos cales o Concello cofinancia con 28.000 euros e o resto é subvencionado pola Unión Europea.

Na primeira edición do programa que tivo lugar en 2007/2008, participaron 30 persoas. Os destinos foron Italia (Rimini) e Polonia (Worclaw) e tivo unha duración de 12 semanas. As súas titulacións eran variadas pois había licenciaturas en hispánicas, inxenierias, empresariais, ciclos de estética, deseño gráfico, informática, historia da arte, etc. Como consecuencia destas estacías, houbo tres insercións en Polonia,  dous en Hewlett Packard e unha de profesora de español na Universidade. Outra persoa obtivo unha beca de traballo nunha ONG e dúas persoas máis conseguiron traballo nas suas respectivas profesions en Lugo.

A segunda edición do programa, denominada Lugoquálitas 2, tivo lugar nos anos 2009/2010,  contou coa participación de 30 persoas e os seus destinos foron Italia (Florencia), Alemania (Hamburgo) e Reino Unido (Belfast), onde permaneceron durante  12 semanas. Tamén neste caso, as titulacións foron variadas, ainda que con maior incidencia en Administración e Dirección de empresas e inxenierias, por ser titulacións que se imparten no campus de Lugo. Desta volta rexistráronse 9 insercións laborais, delas 7 foron nas empresas nas que realizaron as prácticas no Reino Unido ( 2), Alemania (3), Italia (2), e as outras 2 en distintas empresas españolas, en Madrid e Lugo.

Marketing dixital

O Alcalde e a Concelleira de Educación saudaron tamén os 70 partipantes nas Xornadas de Marketing dixital, organizadas polo Concello e a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo.

As Xornadas teñen por obxecto aprender a importancia da Marca Persoal e nelas toman parte empresarios, emprendedores e alumnos que están participando en distintas accións formativas de Lugo Emprego Activo 2.

As sesións desenvólvense no salón de actos do CEI-Nodus con horario de 10 a 13 horas.