Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello confirma a máxima sanción a Urbaser por non atender os servizos mínimos na folga do lixo


# Mércores, 28/01/2015
A Xunta de Goberno aproba a renuncia ó contrato da ORA, a modificación da Ordenanza e a nova convocatoria do servizo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 O Partido Popular critica nas redes sociais que o Concello denuncie irregularidades


O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe dous importantes acordos adoptados esta mañá pola Xunta de Goberno Local que confirmou a máxima sanción a Urbaser polo incumprimento dos servizos mínimos durante a folga do lixo e tamén acordou a renuncia ó contrato da ORA.

Luis Álvarez explicou que a Xunta de Goberno confirmou a sanción de 30.000 euros imposta polo Concello á empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lixo, por unha infracción contractural moi grave. Esta sanción é consecuencia do incumprimento reiterado dos servizos mínimos establecidos durante a folga do lixo no pasado verán, o que obrigou ó Concello á contratación, mediante tramitación de urxencia, da empresa Tragsa. Esta situación xustifica a aplicación do maior grao posible na sanción imposta.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente manifestou que a imposición da máxima sanción posible prodúcese despois de cumpridos todos os prazos e trámites legais, ó desestimar hoxe o Goberno local desestimou o recurso de reposición interposto pola adxudicataria do servizo.

Luis Álvarez explicou que o Concello rexeita as argumentacións esgrimidas por Urbaser no recurso de reposición que presentou, nas que, en síntese, a empresa pedía a suspención da sanción por considerar que os Xulgados están dilucidadndo causas sobre o incumprimento dos servizos mínimos.

O Concello desbota o recurso porque a empresa pretende que se suspenda un procedemento xa concluso e, ademais, este procedemento sancionador diríxese contra Urbaser como contratista do Concello en tanto que o proceso penal se dirixe contra os traballadores da empresa sos que non ten relación algunha a Administración municipal.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou, tal e como anunciara o luns o Alcalde, José López Orozco, a renuncia á celebración do contrato da xestión do servizo
público da regulación de aparcadoiros na via pública. No mesmo acordo, decidiuse  iniciar a tramitación do procedemento legamente previsto para a aprobación dunha nova ordenanza reguladora do sistema ORA, así como a contratación do servizo de regulación de aparcadoiros. Tamén se acorda notificar a presente resolución ao Xulgado do Contencioso-Administrativo nº2 de Lugo.

O Voceiro do Goberno local explicou que con este acordo dase cumprimento exacto ó acordo plenario tomado por unanimidade da Corporación municipal no mes de decembro.

Luis Álvarez lembrou que foi ésta a proposta que plantexou o Partido Popular ó Pleno e dous meses despois xa non lle vale e agora pide a supresión da ORA.

Tamén destacou Álvarez a incoherencia do Partido Popular porque foi precisamente quen estableceu en Lugo a regulación estacionamento de vehículos na vía pública a través do sistema ORA, do mesmo xeito que o mantén nas cidades nas que goberna como poden ser A Coruña ou Santiago de Compostela.

PP contrario á denuncia de irregularidades

"Ou minten ou manipulan á opinión pública", reprochoulles o Voceiro do Goberno local que tamén censurou a asombrosa valoración que fixo o Concelleiro do PP Antonio Ameijide da decisión do Consello Galego da Competencia de abrir o primeiro expedente sancionador nun procedemento de contratación pública por irregularidades que foron denunciadas polo Concello de Lugo.

O Concello detectou que unha empresa supostamente inflou o importe dos salarios que pagaba ós traballadores, polo que paralizou a contratación do servizo de vixilancia do Fogar do Transeúnte e licitou de novo o lote e, ademais, puxo o caso en coñecemento do Consello Galego da Competencia que agora anunciou a apertura dun expedente para investigar o asunto.

Sorprendentemente a interposición desta denuncia que levou a Competencia a investigar o caso, deu lugar a que o Concelleiro do PP puxera en cuestión a actuación do Concello nun tweet co enlace á noticia publicada nun xornal e o seguinte contido La contratación del Ayto, otra vez cuestionada.El arrobaPSOEdeLugo responsable del 1º expediente sancionador de la historia.

O Voceiro do Equipo de goberno destacou que este comentario demostra, unha vez máis, a estratexia política que pon en práctica o Partido Popular no Concello de Lugo, consistente en falsear reiteradamente e sen ningún disimulo a realidade.

"Esto é tanto como, se unha persoa lle dispara a outra con unha escopeta, a responsable penal fora a escopeta", ironizou Luis Álvarez e manifestou, tamén, que "eu prefiro pensar que esto é un intento de manipulación sumamente burdo a ter que pensar que non foi quen de entender o contido da noticia".
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova