Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xira Minifutsal Cup, que conta coa colaboración do Concello, comezará en Lugo


# Xoves, 29/01/2015
Disputarase os días 7 e 8 de febreiro en Augas Férreas 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompazado por Javier Alv es, Director Deportivo do Prone Lugo, e por Francisco García, Director Xerente de Dynamic Event Sport, presentaron hoxe a Xira Minifutsal Cup que chegará a Lugo a vindeira semana.

A xira, que recorrerá en total oito cidades, comezará en Lugo durante a fin de semana do 7 e o 8 de febreiro.

Esta é unha competición deportiva que se diríxe a nenos e nenas de 7 a 12 anos, divididos en 2 categorías. A serie “A” para para idades comprendidas entre 7 e 9 anos e a serie “B” para os que teñan de 10 a 12 anos. 

O sábado día 7 durante todo o día celebrarase a fase clasificatoria entre os equipos inscritos e o domingo, día 8, pola mañá, terá lugar a Fase Final da que sairán os campións que van representar a Lugo na Fase Final nacional. 

O evento desenvolverase na praza de Augas Férreas, onde se instalará un parque de 3.000 m2 con zonas de competición e de entretenemento tanto para os nenos e nenas como para os seus acompañantes.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova