Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta os atractivos da cidade baixo o lema "La Muralla romana de piedra y bytes"


# Xoves, 29/01/2015
López Orozco e Carmen Basadre presentaron os atractivos turísticos da cidade en FITUR e invitaron a visitar a cidade durante o 2015

Imaxe Asociada
Ademais, neste último ano e grazas ao programa Muralla Dixital, creáronse novos materiais audiovisuais que explican mellor a historia de Lugo


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a  Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron esta mañá no marco da 35 edición de Fitur, a maior feira internacional de turismo, os atractivos turísticos do Concello de Lugo de cara o 2015.

Así, a través da campaña turística “La Muralla romana de piedra y bytes” fixeron un percorrido pola historia, a arqueoloxia, a gastronomía, as zonas verdes e especial atención aos novos recursos audiovisuais realizados no programa europeo Muralla Dixital. Ademáis, neta ocasión tamén fixeron referencia a toda a actividades culturais que se levan a cabo con gran éxito ao longo do ano como é o teatro clásico, os ciclos de música, teatro afeccionado, maxia ou clown.

O acto, no que tamén estivo a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, e a Deputada Provincial, Lara Méndez, que animou a  todos os asistentes a visitar a cidade de Lugo e o seu entorno. O acto tamén contou coa presentacia da Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a recoñecida escritora Marta Rivera de la Cruz, e representantes dos hosteleiros da cidade.  A presentación que tivo lugar no pabellón 9 dentro do stand de Turgalicia, comezou coa intervención do Alcalde resaltando as cualidades de Lugo. Neste sentido, deu conta de “todos os atractivos que fan da nosa cidade un punto importante a nivel arqueolóxico e que non pasan desapercibidos para os visitantes” sen esquecerse da extraordinaria gastronomía da terra.

“Lugo é unha cidade máxica xa que desde os seus comezos hai máis de dous mil anos contou coa protección da Muralla e estou seguro que dentro de dous mil anos máis seguirá observando o devenir da cidade” segundo explicou López Orozco “esta maxia é un motivo máis para visitarnos e coñecernos un pouco mellor”.

O Alcalde quixo aproveitar a oportunidade en Fitur para“invitar a todo o mundo a descubrir a nosa cidade”, ademáis de “pode descubrir as novidades que cada ano presentamos relacionadas coa arqueoloxia pero tamén coas festas máis destacadas da cidade como son o Arde Lucus e o San Froilán” ne que supoñen un novo atractivo turístico máis.

Pola súa parte, Carmen Basadre, comezou a súa intervención explicando o “orgullosa que se sinte de presentar a cidade máis antiga de Galicia e que posúe un monumento único como é a Muralla romana”. Ademais lembrou que Lugo é unha cidade bimilenaria con moita historia e moitos restos arqueolóxicos que se poñen en valor ou se musealizan para poder mantelos e dalos a coñecer.

Neste sentido, a Concelleira de Cultura, explicou que este ano co programa europeo Muralla Dixital creáronse novas ferramentas e materiais audiovisuais que nos permiten coñecer a vida de Lucus Augusti mediante a recreación virtual dos restos arqueolóxicos da cidade e que se pode consultar nos propios museos da cidade e na web www.muralladigital.eu .

Pero non só se presentou a historia e arqueoloxia senón tamén o amplio menú cultural do que dispón o Concello, “este equipo de Goberno leva moito tempo apostando pola cultura porque é algo esencial para que os cidadáns sexan libres intelectualmente” segundo sinalou Basadre que tamén lembrou as importantes citas culturais como son a Mostra de Teatro Clásico, coas mellores compañías de teatro de España, os concursos de tapas, o pulpo do San Froilán, as xornadas gastronómicas romanas e tamén a Semana de Música de Jazz, a Semana da Maxia, a Semana de Música do Corpus, os diferentes certames de teatro afeccionado e o clown entreo outras moitas actividades.

A presentación do Concello de Lugo rematou coa visualización dun dos videos realizados dentro do proxecto Muralla Dixital e que nos mostra dende o aire como é a cidade de Lugo.

Convenio Alsa
Un ano máis a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asinou nas instalacións de Turgalicia, en Fitur, un convenio co grupo Alsa, e representado polo apoderado Carlos Acha Ledesma,  para a colaboración do patrocinio da Festa do Arde Lucus 2015.

Carmen Basadre sinalou que “un ano máis contamos co apoio fo grupo Alsa que permiten unha maior difusión da nosa festa romana e castrexa, o Arde Lucus, e que co seu patrocinio apoian unha festa que cada ano ten máis visitantes”.

Así, co Grupo Alsa, chegouse ao acordo para facer un desconto do 25% a todas as persoas que queiran achegarse a desfrutar o Arde Lucus, que se celebra os días 19, 20 e 21 de xuño. Ademais, segundo destacou a responsable da área de Xuventude, o compromiso base é facer unha promoción da festa por toda España a través dos recorridos que o Grupo Alsa realiza. Neste sentido comprometéronse a emitir un vídeo de 20 minutos sobre o Arde Lucus e o que representa para a cidade no canal de entretemento a bordo dos que dispoñen todos os autobuses entre o 19 de maio e o 21 de xuño de 2015. Un ano máis tamén se comprometen a crear un banner na páxina web (www.alsa.es) onde se poderá obter toda a información para a compra dos billetes e sobre a programación do Arde Lucus. Dende esta aplicación farase o desconto do 25% para aquelas persoas que merquen un billete para a cidade de Lugo entre os días 16 e 23 de xuño.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova