Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo obtén un notable en transparencia no estudo da ONG Transparencia Internacional


# Xoves, 29/01/2015
Lugo consigue 72,5 puntos dos 100 posibles no cómputo global e queda situado por diante de Ferrol, Santiago e Pontevedra

En transparencia das contratacións, Lugo ocupa o posto 51 dun total de 110 concellos de toda España

O Concello de Lugo conseguiu unha nota media de notable en transparencia no estudo feito pola ONG Transparencia Internacional que analizou un total de 110 concellos de toda España.

No prestixioso Indice de Transparencia que elabora esta ONG, o Concello de Lugo obtivo 72,5 puntos dos 100 posibles no cómputo global e obtivo as mellores puntuacións en transparencia das contratacións, información da Corporación e transparencia económica.

O Concello de Lugo ocupou, no cómputo global dos distintos indicadores estudados, o posto número 90 e quedou situado no cuarto lugar dos concellos galegos, por diante de Ferrol, Santiago e Pontevedra.

En transparencia das contratacións dos servizos, o Concello de Lugo volveu obter unha moi boa nota, que lle permitiu auparse ó posto número 51 de toda España. Concretamente, Lugo obtivo 75 dun total de 100 puntos posibles, cando a media de todos os concellos foi de 74,1.

Asímesmo, o Concello de Lugo logrou situarse no posto número 68 no referido a información da Corporación, cunha puntuación de 83,3.

En transparencia económica e financieira, o Concello de Lugo conseguiu 90,9 puntos e ocupa o lugar número 72; o 80 en canto ós indicadores da Lei de Transparencia; en relacións cos cidadáns, o posto número 94 e no referido a obras públicas e urbanismo, o 101.

Precisamente para mellorar máis aínda os niveis de transparencia no Concello de Lugo, o Alcalde, José López Orozco, como xa se ten informado, asinou un decreto a semana pasada polo que se crea unha Comisión municipal que será a encargada de poñer en marcha os mecanismos para dar cumprimento ás distintas medidas que establece á Lei de Transparencia das administracións públicas e que serán de obrigado cumprimento a partir de finais do ano 2015.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova