Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns 2 de febreiro comeza un ciclo de cine clásico no Auditorio Gustavo Freire


# Venres, 30/01/2015
Este primeiro ciclo está composto por seis películas clásicas como son El Gran Dictador, El Graduado, ou Con faldas y a lo loco 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Xoan Curiel, representante do grupo Fotocinematográfico Fonmiñá que colaboraron na selección das películas, presentaron o primeiro ciclo de cine clásico que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire.

Carmen Basadre explicou que “este é un novo proxecto de cine clásico para que os lucenses volvan a ver e desfrutar con peliculas clásicas como pode ser Vacaciones en Roma ou o Gran Dictador entre outras”. Os amantes do sétimo arte poderán desfrutar dos clásicos do cine os luns a partir das 21 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire por un prezo de catro euros a entrada.

Así, comeza este luns 2 de febreiro coa proxección da película El gran dictador, dixirida e protagonizada por Charles Chaplin. O luns 9 é o turno de Casablanca dirixida por Michael Curtiz e protagonizada por Humphrey Bogart e Ingrid Bergman. A seguinte cita será o luns 23 de febreiro coa proxección de El Graduado,  dirixido por Mike Nichols e protagonizado por Dustin Hoffman e Anne Brancroft.

No mes de marzo haberá cine clásico os luns 9 coa proxección do filme protagonizado por Gregory Peck e Audrey Hepburn, Vacaciones en Roma. Unha comedia romántica contextualizada en Roma e que dirixiu William Wyler.

Marilyn Monroe, Tony Curtis e Jack Lemmon son os protagonistas da comedia Con faldas y a lo loco que se proxectará o luns 16 de marzo. A trama está protagonizada por Joe e Jerry, dous músicos do montón que se ven obrigados a fuxir despois de seren testemuñas dun axuste de contas entre dúas bandas rivais. Como non atopan traballo e están perseguidos pola mafia e para pasar desapercibidos deciden vestir de muller e  tocar nunha orquesta femininar liderada por Marilyn Monroe.

A última proxección é o luns 23 de marzo coa película dirixida por Frank Capra e na que participan James Stewart, Donna Reed e Lionel Barrymore nunha trepidante película titulada, Que bello es vivir.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova