Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Conclúe o programa de compostaxe do Concello de Lugo coa entrega de diplomas ós participantes


# Venres, 30/01/2015
O Alcalde agradeceu o traballo dos participantes nesta iniciativa pioneira que comezou en abril

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Un cento de lucenses sumáronse ó programa no que aprenderon a producir compost de calidade a partir de residuos orgánicos 


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, entregaraon hoxe os diplomas ós participantes no programa de compostaxe que desenvolveu o Concello de Lugo nos últimos meses e no que participaron un cento de veciños e veciñas da zona rural e periurbana. Tamén participou no acto o Delegado de Urbaser en Lugo, Juan Ángel Moreno, xa que esta empresa, xunto con Sogama, colaboraron nesta experiencia pioneira en Galicia. 

O Alcalde felicitouse polo éxito desta iniciativa e polo feito de que Lugo fora a primeira cidade galega en poñer en marcha esta experiencia de compostaxe. Neste sentido, o Alcalde eloxiou o traballo feito polos participantes nunha iniciativa novedosa para fomentar a reciclaxe de residuos de orixe orgánico e a súa transformación en composto. 

López Orozco, destacou tamén, a gran implicación dos veciños e veciñas que participaron no programa e tamén lles agradeceu que se implicaran nel xa que a producción de compost contribúe a eliminar residuos de maneira natural, produce un abono de excelentes propiedades para o cultivo e axuda a aforrar cartos e a preservar o medio ambiente. 

Coa entrega de diplomas ós participantes deuse por concluído este programa de reciclaxe, que comezou no mes abril do ano pasado e no que o Concello distribuiu 100 composteiros en diferentes zonas do de Lugo para que fosen os propios veciños e veciñas as que realizasen este tipo de fertilizante natural nas súas casas. 

O resultado do proxecto foi moi satisfactorio xa que, dacordo coas analíticas feitas periódicamente durante o seguemento técnico que se fixo neste tempo, un 84% dos participantes obtiveron ou están en fase de obter compost de gran calidade. 

O Concello, en colaboración con Urbaser, entregou a metade dos composteiros distribuídos neste programa e a outra medade achegounos Sogama. 

Cada composteiro tiña unha capacidade de 360 litros que os participantes colocaron no exterior das vivendas e no que introducian todos os residuos naturais como poden ser restos de froitas, verduras ou incluso os posos do café, para que fermeten e asi conseguir o abono natural. Lugo foi a primeira das grandes cidades galegas na que se pon en marcha este programa para favorecer a compostaxe, no que participaron tanto veciños da zona rural como residentes en urbanizacións ou na cidade que teñen unha segunda vivenda.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova