Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A colección Traballos de Arqueoloxía conta cun novo tomo que honra a memoria do emperador Cesar Augusto baixo o título Augusto na Fisterra Ibérica


# Martes, 03/02/2015
A presentación deste volume que tivo lugar no MIHL e elaborado por Antonio Rodriguez Colmenero e Santiago Ferrer Sierra fai un resumo do periodo agusto en Gallaecia

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, acompañado polo profesor Antonio Rodriguez Colmenero e o arqueólogo Santiago Ferrer Sierra, bos coñecedores da Gallaecia romana presentaron o libro Augusto na Fisterra Ibérica, o volume cinco da serie “Traballos de Arqueoloxía” editado polo servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo.

López Orozco sinalou que a historia para Lugo é fundamental e máis o papel que desenvolveu Augusto polo que se decidiu “facer unha homenaxe con motivo do bimilenario da morte recollendo a súa presencia neste novo volume de Traballos de Arqueoloxia”. Trátase, polo tanto, de tributar unha homenaxe ben merecida a unha das figuras máis relevantes do pasado, a quen Lugo debe a súa fundación e posterior promoción a través do seu legado e parente, Paulo Fabio Máximo.

En Augusto na Fisterra Ibérica os autores presentan unha nova síntese crítica sobre o período fundacional augústeo na rexión galaica e centrándose esta vez no estudo das inscricións e monumentos relacionados coa persoa do primeiro emperador e a súa familia, e achegando novas referencias e lecturas.

O profesor Antonio Rodriguez Colmenero explicou que o estudo que levaron a cabo foi entorno ao papel do culto imperial e o fenómeno correlativo das aras sestianas e que serven de fío condutor a esta investigación.

Outro dos papeis fundamentais que levou a cabo Cesar Augusto, segundo o explicou o profesor Colmenero, é no referido á gran influencia que tivo para a nosa terra xa que él foi quen uniu todos os pobos e tribos para darlle a configuración inicial á Gallaecia, anteriormente non estaba agrupada como territorio. Tamén o emperador Cesar Augusto foi o encargado do nacemento da vida urbana creando as primeiras cidade e a organización das mesmas dende o Mediterráneo ata o Atlántico.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova