Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participou na presentación do vídeo do flasmob multitudinario SOMOScon motivo do Mes Internacional do Cancro Infantil


# Martes, 03/02/2015
Numeroso público asistiu á proxección do videoclip da TIC gravado o pasado novembro no HULA polos alumnos da Escola de Imaxe e Son

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco; o Presidente da Fundación TIC e da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o presidente de Somos Unidos por el Cáncer, José Manuel Vázquez, presentaron este martes o vídeo do flasmob que organizou o colectivo lugués o pasado 15 de novembro no Hospital Lucus Augusti, e que gravaron e editaron alumnos da Escola de Imaxe e Son da TIC.

Numerosas persoas, entre elas membros da asociación formada por pais, nenos e adolescentes afectados polo cancro, asistiron á proxección do videoclip, que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos con motivo da celebración, o 15 de febreiro, do Día Internacional do Cancro Infantil, que se conmemora durante todo o mes. O presidente da asociación agradeceu a colaboración da TIC neste proxecto, xa que agora “temos un soporte co que podemos proxectar o sorriso da asociación a todos os cidadánse acadar máis apoios para poder dicir que cada vez SOMOS máis na loita contra esta doenza”. 

Máxima difusión nas redes

Ademais do videoclip, a Fundación divulgou na Internet reportaxes fotográficos e de vídeorealizados por técnicos da TIC, que tiveron unha grande acollida nas redes sociais. Vázquez destacou que, grazas á difusión destes traballos, “milleiros de internautas coñeceron esta iniciativa”, na que máis de 600 persoas de todas as idades bailaron na entrada do HULA cun pano amarelo, a cor que simboliza o cancro infantil, coa coreografía dirixida por profesionais da escola Star Dance de Lugo, e ao ritmo do himno Puedo, composto polo lucense David Taboada para a asociación.

Primeiro paso de moitos
 

Este flasmob é o primeiro paso de moitos que Somos Unidos por el Cáncer quere dar, logo da súa creación o pasado 15 de outubro de 2014, por iniciativa dun grupo de pais, nenos e adolescentes afectados polo cancro. Malia que arrancaron con esta iniciativa de apoio aos enfermos máis pequenos, o colectivo prestará atención e axuda aos doentes e familiares de todo tipo de patoloxías oncolóxicas.

Entre os seus principais obxectivos está recadar fondos para a investigación dos tumores, a prevención e a organización de campañas informativas para concienciar á poboación xa que, xuntocoas enfermidades circulatorias e do aparato respiratorio, o cancro é unha das principais causas de morte en Galicia, segundo datos da Consellería de Sanidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova