Imprimir

O ENTROIDO 2015 REPARTIRÁ MÁIS DE 7.000 EUROS EN PREMIOS AOS MELLORES DISFRACES NUN CONCURSO INFANTIL E OUTRO DE ADULTOS


5/2/2015 O pregón correrá a cargo de Tareixa Campos o venres ás 20.00 horas na Casa Consistorial

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá no Mercado de Abastos a programación de actividades que o Concello porá en marcha para celebrar este Entroido 2015.

Carmen Basadre invitou a todos os cidadáns a participar nas diferentes actividades e a inscribirse nos concursos de disfraces que seguen mantendo os mesmos premios que en edicións anteriores.

As actividades darán comezo o día 13 de febreiro e rematarán o mércores 18 de febreiro co Enterro da Sardiña e o Concurso de Ferretes.

A Concelleira de Cultura tamén invitou ”a todas aquelas persoas que teñan interese en inscribirse na Feira de Produtos Típicos de Entroido e poder vender material de calidade que temos na zona rural como son os grelos ou a carne de porco”. Neste sentido, aquelas persoas que queiran participar nesta feira poden inscribirse ata o venres 13 na Concellería de Cultura.

PROGRAMA ENTROIDO 2015

XOVES,  12 DE FEBREIRO
11.30 Horas.- No Mercado Municipal de Abastos concerto de Entroido da Banda Municipal de Lugo.  

VENRES,  13 DE FEBREIRO
17.00 - 20.00 Horas.- No Mercado Municipal de Abastos comezan os obradoiros para nenos e nenas de 5 a 12 anos para preparar disfraces.

20.00 Horas.- Na Casa do Concello pregón do Entroido a cargo da Tareixa Campo. A continuación, polas rúas da cidade, actuación de Son de Lugh e das charangas Arde Yu Ku e Paradela.

SÁBADO,  14 DE FEBREIRO
10.00 Horas.- No Mercado de Abastos Feira de Produtos Típicos do Entroido amenizada pola murga Os virtuosos do tinto.

16.30 Horas.- Na Praza da Soidade entroido escénico cos Palimoquiños que representarán Os nenos perdidos.
17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse no Mercado Municipal de Abastos media hora antes do desfile (que presidirá a charanga A Excusa). Discorrerá por Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello, antes das 14.30 horas do venres día 13. En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks, …. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

INDIVIDUAL:
1º premio:  vale por lote de libros de 50 euros
2º premio: vale por lote de libros de 40 euros
3º premio: vale por lote de libros de 30 euros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros de 50 euros

PARELLAS:
1º premio: vale por lote de libros de 75 euros
2º premio: vale por lote de libros de 60 euros
3º premio: vale por lote de libros de 50 euros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros 75 euros

COMPARSAS:
1º premio: vale por lote de libros de 150 euros
2º premio: vale por lote de libros de 120 euros
3º premio: vale por lote de libros de 100 euros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros de 150 euros

17.30 Horas.- Na Praza de Armanyá, entroido escénico con In Bocca al lupo “Fever Swing”.

19.30 Horas.- No Barrio da Ponte actuación da charanga Terra Chá.

20.00 Horas.- Na Praza Maior, entroido escénico con Achádego Chucha sangues 19.

21.00 Horas.- No recinto histórico, actuación da Tambukada Lugo.

22.00 Horas.- No recinto histórico, actuación das charangas Os amigos de Manolo e Terra Chá.

DOMINGO,  15 DE FEBREIRO
18.30 Horas.- No Mercado Municipal de Abastos comezo do concerto-baile para publico familiar con Pesdelán Mini.

19.30 Horas.- Actuación pola Ronda das Fontiñas, Montirón e San Fiz da charanga Batucada Pretorianos.

LUNS, 16 DE FEBREIRO
18.30  horas.- No Mercado Municipal de Abastos actuación de monicreques de guante sen palabras de Mircromina títeres 5 Historias para unha man.

19.00 Horas.- Polo barrio da Milagrosa e da Residencia actuación da charanga Terra Chá.

20.00 Horas.- Comezo da festa organizada pola Asociación de Veciños da Milagrosa con actuación musical, na Praza da Milagrosa.

21.00 Horas.- Polo recinto histórico, actuación de Perkusiona.

23.00 Horas.- Actuación polas rúas da cidade das charangas Estoupacaldeiros e Madia Leva.

MARTES, 17 DE FEBREIRO

12.00 Horas.- No Mercado Municipal de Abastos, actuación para o público familiar das Maimiñas representanto A viaxe polo mundo. 

16.15 Horas.- Entroido escénico con Hipócrita na Praza Maior que interpretarán INRI Iniciativa Nacional polos Recortes Idiomáticos.

16.45 Horas.- Na Praza Maior, entroido escénico con Nova Escena que interpretarán O discurso da raíña Sofría.

17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes concentraranse no Mercado Municipal de Abastos media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Malo Será). Discorrerá pola rúa Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello antes do luns día 16 de febreiro, ás 14.30 horas.

PREMIOS
- INDIVIDUAL:
1º premio: 400 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €
3 premios de 50 €
- PARELLAS:
1º premio: 500 €
2º premio: 400 €
3º premio: 300 €
5 premios de 100 €
- COMPARSAS:
1º premio: 1.000 €
2º premio: 800  €
3º premio: 600 €
7 premios de 200 €

3 premios de 100 euros á criterio do xurado, a charangas de colectivos de persoas con discapacidades.

17.30 Horas.- Na Praza de Campo Castelo, entroido escénico con Pinchacarneiros coa Feira de Entroido.
19.30 Horas.- Na Praza de Augas Férreas e o recinto histórico actuación de Perkusiona.

20.30 Horas.- No quiosco da música da Praza Maior comezo do Velorio da Sardiña a cargo da asociación Pepe Barreiro.

MÉRCORES, 18 DE FEBREIRO

18.30 - 19.45 Horas.- No quiosco da música da Praza Maior comezo do Velorio da Sardiña a cargo da asociación Pepe Barreiro.

20.00 Horas.-Enterro da Sardiña. Organizado pola Asociación Cultural Pepe Barreiro. Sairá do quiosco da música da Praza Maior para incorporarse á procesión no Círculas das Artes e percorrer diferentes rúas da cidade ata rematar na Praza Maior onde se lerán os ferretes.