Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Tribunal Supremo admite a trámite o recurso do Concello de Lugo contra o pago da débeda da empresa Frimiño coa Seguridade Social


# Venres, 06/02/2015
A Seguridade Social opúxose á admisión a trámite do recurso municipal e agora terá que pagar as costas xudiciais

O Concello de Lugo vén de recibir a notificación dun auto ditado polo Tribunal Supremo no que resolve admitir a trámite o recurso que presentou a Administración municipal contra a sentenza que a obriga o pago da débeda contraída pola empresa Frimiño coa Seguridade Social.

Con esta decisión, o Tribunal Supremo dalle a razón ós argumentos expostos polo Concello de Lugo en contra da solicitude de inadmisión do recurso que fixera a Seguridade Social.

O Tribunal Supremo, ademais de admitir o recurso de casación interposto polo Concello de Lugo, tamén acorda impoñerlle á Seguridade Social o pago das costas xudiciais deste incicente por importe de 1.500 euros.

O Concello de Lugo impugnou diante do Tribunal Supremo unha sentenza que declarou á Administración municipal responsable solidaria das débedas contraídas coa Seguridade Social pola mercantil FRIMIÑO, S.L., empresa que xestionou o Matadoiro municipal, polo impago de cotas dos seus traballadores.

O Supremo rexeita as causas de oposición á admisión do recurso que alegou o Letrado da Seguridade Social e ten en conta as motivacións que argumentou a Asesoría Xurídica do Concello de Lugo.

O auto do Alto Tribunal considera que tanto o importe da cuantía como as alegacións formuladas respecto da posible prescrición da débeda reclamada ó Concello xustifican a interposición do recurso de casación por parte da Administración local.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova