Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e Deputación declararán persoa non grata á Conselleira de Sanidade por negarlle ós veciños de Lugo o dereito a unha atención sanitaria de primeira


# Venres, 06/02/2015
O Alcalde pedirá o amparo do Valedor do Pobo e rexeita que o Partido Popular deixe ós lucenses sen o servizo de Hemodinámica as 24 horas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial, Lara Méndez, anunciaron hoxe que as dúas institucións, Concello e Deputación, están dispostas a declarar persoa non grata á Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pola negativa do Goberno galego a recoñecerlle ós veciños e veciñas de Lugo o dereito a unha atención sanitaria de primeira.

O Alcalde e a Vicepresidenta Segunda da Deputación fixeron este anuncio esta mañá, na porta de acceso ó Hospital Universitario Lucus Augusti, onde se congregaron esta mañá distintos representantes cidadáns e institucionais que reivindican para os veciños da nosa cidade e a nosa provincia o mesmo dereito a saúde que teñen o resto dos galegos.

López Orozco deixou patente a indignación que lle produciron as declaracións da Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, nas que deixou claro que a Xunta de Galicia non ten intención de dotar ó Hula co servizo de Hemodinámica as 24 horas.

O Concello de Lugo, que xa fixo público o seu rexeitamento a este anuncio do Goberno galego nun comunicado emitido en canto trascenderon as declaracións da Conselleira, non está disposto a tolerar esta nova discriminación ós lucenses.

O Alcalde anunciou que seguirá loitando ata acadar que o Hula dispoña as 24 horas do servizo de Hemodinámica xa que “o Concello está ó lado dos veciños”. Por elo, asegurou que está disposto a propoñerlle ó Pleno da Corporación municipal a declaración da Conselleira de Sanidade como persoa non grata e, ademais, pedirá o amparo do Valedor do Pobo porque, como destacou López Orozco, a saúde é o primeiro dos dereitos que temos as persoas e a Xunta de Galicia está obrigada a garantirnos ós lucenses os mesmos dereitos que teñen o resto dos galegos.

Ademais, López Orozco quere saber se “hai algún interese económico que conta coa connivencia do Goberno de Galicia  para que Lugo non teña ese servizo” o que o levou a preguntarse  “qué se esconde detrás desta negativa á cidadanía de Lugo?”.

Para o Alcalde, tamén é grave que o Partido Popular de Lugo non estea a defender os intereses dos veciños e veciñas. Neste sentido, López Orozco recoñeceu non comprender “cómo pode ser que alguén que quere ser Alcalde, que pretende liderar a nosa cidade, actúe de palmero dunha persoa que nos ven negar os nosos dereitos” e rematou instando a Jaime Castiñeira a “explicar cal é a defensa que vai facer de Lugo e dos lucenses”.
Pola súa banda, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, denunciou a indignación que sinten os lucenses cando “a que di chamarse Conselleira de Sanidade vén a Lugo a dicirnos que seguirá a discriminar aos lucenses, que non estamos en igualdade de condicións que os resto dos galegos. É inadmisible”.
“Agora entendemos as declaracións de Feijóo cando di que manda aos seus mellores conselleiros a Vigo e Ourense, xa que as conselleiras que viñeron onte a Lugo son as peores”, sentenciou Méndez.
A Vicepresidenta anunciou, ademais, que a Deputación no vindeiro Pleno de febreiro declarará a Rocío Mosquera persoa non grata para a provincia de Lugo.
Ademais do Alcalde e a Vicepresidenta Segunda da Deputación concentráronse nas portas do HULA o Deputado autonómico Juan Carlos Santín, o senador Ricardo Varela, a Deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz, e representantes veciñais e da Plataforma Cidadá que promoveu a Iniciativa Lexislativa Popular como Jesús Vázquez, José Manuel Carballo e Vicente Quiroga, así como representantes sindicais da sanidade pública.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova