Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo fixo entrega dos diplomas de varios cursos de integración dirixidos a inmigrantes extracomunitarios


# Venres, 06/02/2015
O Concello tamén organiza cursos de castelán para estranxeiros no Centro de Convivencia da Milagrosa

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, fixeron entrega hoxe dos diplomas aos aos asistentes ó Curso de integración e ao Curso de Culturas entretecidas dirixido a persoas inmigrantes extracomunitarias.

O Concello de Lugo, dentro do programa de animación sociocultural do ano 2014, realizou esta acción formativa consistente nun curso de integración para persoas inmigrantes extracomunitarias que tivo como finalidade que as persoas asistentes poidan obter un informe positivo de esforzo de integración emitido pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Emigración). Este informe poderá ser presentado polas persoas estranxeiras non comunitarias nos supostos de renovación de autorizacións  e será utilizado como información a valorar naqueles supostos donde non se cumpran todos os requisitos esixidos para a renovación.  Os contidos cos que se traballa é o  coñecemento e respecto dos valores constitucionais en España, valores estatutarios da comunidade autónoma de Galicia, valores da UE, dereitos humáns, as liberdades publicas, a democracia, a tolerancia, a igualdade entre mulleres e homes e coñecemento das linguas oficiais da nosa comunidade autónoma, tal como ven indicado na normativa de estranxeria.

Ademais, como sinalou López Orozco, este tipo de acción formativa só pode ser impartida polas administracións públicas e o Concello de Lugo é o primeiro da nosa provincia que desenvolve esta acción, coa finalidade de promover a integración das persoas inmigrantes.

O Alcalde tamén fixo entrega dos diplomas aos oito asistentes do obradoiro Culturas Entretecidas desenvolvido pola asociación Corazóns Artesáns, e no que fixo unha introdución á cestería e ao tecido textil.  Este obradoiro estivo dirixido a persoas estanxeiras co obxectivo de achegas a este colectivo na cultura tradicional galega pero tamén mantendo a súa cultura de orixe.

Novo Curso Integración

López Orozco tamén informou que aínda hai prazas para aquelas persoas inmigrantes que estén interesadas en inscribirse no novo Curso de Integración que se celebra os martes e xoves de 19.30 a 21 horas no Centro de Convivencia da Milagrosa ata o 14 de maio. A inscrición é gratuita.  O Concello de Lugo tamén realiza diferentes cursos e obradoiros para facilitar a integración como poden ser o curso castelán en diferentes niveis para persoas estranxeiras.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova