Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo xa é o único propietario exclusivo da marca Arde Lucus


# Luns, 09/02/2015


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou que o Concello de Lugo xa é o único propietario en exclusiva da marca Arde Lucus.

Carmen Basadre explicou que na Xunta de Compras acordouse a compra do único uso da marca pendente e que era o relativo aos produtos textis e que estaban en mans dunha empresa privada. Neste sentido explicou que “agora que somos propietarios imos a estudiar as diferentes posibilidades para explotar a marca e ter un rendemento que nos permita autofinanciar a festa do Arde Lucus”

O Concello chegou a un acordo coa empresa que tiña rexistrado unha parte da marca por importe de 21.755 euros e a cambio quedase con todos os dereitos en exclusiva e indefinidamente da marca.  Ademais froito desa negociación tamén se chegou ao acordo de que a empresa desiste de calquera tipo de acción xudicial e dunha reclamación económica que fixera por importe de 200.000 euros.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova