Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL estrea mediateca con todos os produtos audiovisuais elaborados no programa Muralla Dixital


# Martes, 10/02/2015
O Alcalde destacou a gran calidade do traballo elaborado e que permitirá aos visitantes coñecer mellor o pasado de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañados polo equipo de Arqueoloxía do Concello, presentaron esta mañá a mediateca creada nunha das salas do Museo Interactivo da Historia de Lugo.

López Orozco explicou que “como o nome do museo indica”, o MIHL, ten como un dos seus obxetivos que os visitantes interactuen coa historia polo que esta é a mellor instalanción para manter permanentemente “os traballos audiovisuais realizados polo proxecto Muralla Dixital e que nos permiten coñecer un pouco mellor o noso pasado”.

Esta mediateca está composta por tres pantallas táctiles diferentes que permiten visionar diferentes contidos históricos e arqueolóxicos. Así, unha das pantallas de 50” que permite visionar 8 videos sobre o patrimonio monumental de Lugo con imaxes aéreas realizadas mediante dron e timelapps como a Muralla, a Catedral, arquitectura relixiosa e civil, museos, prazas e Ponte Romana.

Ademais destes videos tamén nesta pantalla se poderán ver as estruturas arqueolóxicas de época romana como a Piscina de Santa María, o templo romano do Circulo das Artes, o estanque ritual de San Roque e Santa Eulalia de Bóveda en tres dimensións. Esta técnica permite aos visitantes ver de máis cerca e dende todos os ángulos os restos arqueoloxicos podendo coñecer mellor ditas pezas.

A mediateca conta con dúas mesas táctiles de 46” onde se poden consultar o xeoportal web ruta “Vilas Amuralladas” no que se fai unha visita virtual por todas as cidades que formaron parte deste programa europeo. Ao mesmo tempo, tamén están dispoñible as producións interactivas como é un catálogo arqueolóxico virtual, o mundo funerario en Lucus Augusti, a actividade alfareira en Lucus Augusti e a Muralla Romana.

Desta maneira, o Concello de Lugo con esta actuación finalizou a instalación das pantallas táctiles en tres espazos museísticos da cidade como son o Centro Arqueolóxico de San Roque, na Sala de Exposicións Porta Miñá, e no Museo Interactivo da Historia de Lugo ademais do Centro de Interpretación da Muralla no que os visitantes poderán consultar diferentes aplicacións multimedia que reconstrúen pezas do pasado romano da cidade. O investimento tivo un orzamento de 21.398,85 euros, a cargo do proxecto Muralla Dixital, que conta con financiamento da Unión Europea.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova