Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibiu á nova directiva de Apsnais e agradeceu o labor en favor das persoas dispacitadas que desenvolve esta entidade


# Martes, 10/02/2015
López Orozco anuncia que o Concello colaborará para a creación da residencia de Apsnais no Hospital de San José

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe a visita do novo Presidente de Aspnais, José Reigosa, e doutros membros da directiva desta entidade.

O Alcalde explicou que se tratou dunha visita de cortesía, que se produce logo da elección da nova xunta directiva de Apsnais e destacou o importante labor que vén desenvolvendo esta asociación, que leva máis de cincoenta anos traballando por nenos e nenas con discapacidade de Lugo e da provincia.

López Orozco tamén aproveitou para felicitalos polo acordo coa Deputación provincial para trasladar as súas instalacións e crear unha residencia no antigo Hospital de San José, iniciativa que considerou “posiblemente a obra social máis importante dende que o que foi Alcalde desta cidade don Angel López Pérez creou o Hospital de Santa María”.

“Creo que é unha idea marabillosa, que lle vai dar moito servizo ós nenos e nenas da provincia con discapacidade”, manifestou o Alcalde e engadiu que “se temos asegurado que estas persoas sexan atendidas tamén cando faltan as súas familias é algo extraordinario, que lles temos que agradecer”.

Por este motivo, o Alcalde animou á directiva de Apsnais a “seguir traballando” e adiantou que “por suposto, o Concello non vai quedar fóra senón que buscará algún tipo de colaboración para que esa residencia poida levarse a efecto e render ese magnífico servizo que presta Apsnais”.

Pola súa parte, José Reigosa, anunciou que Apsnais xa dispón dun anteproxecto das obras necesarias para adaptar o edificio ás necesidades dos usuarios e explicou que agora estase redactando o proxecto. Indicou tamén que o custe das obras estímase aproximadamente en 3.200.000 euros, cifra difícil de asumir en solitario pola asociación que está levando a cabo distintas xestións con administracións públicas e con entidades financieiras para achegar os recursos precisos.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova