Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo anuncia a próxima presentación e licitación do proxecto da segunda fase das obras de mellora da Praza de Abastos


# Martes, 10/02/2015
Nesta fase realizarase a conexión destas instalacións co aparcamento soterrado da Praza de Santo Domingo a través dun túnel

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, informou esta mañá que as obras para iniciar a segunda fase da Praza de Abastos seguen o seu curso e nas próximas semanas se presentará o proxecto de remodelación.

Sonia Méndez explicou que con estas obras todos os postos van a ter maior visibilidade e accesibilidade non só aos fixos senón aos mercados temporais de martes e venres. Así,  as obras redundaran en beneficio dos comerciantes e usuarios, ademais farán a vida máis cómoda, por exemplo coa conexión destas instalacións co aparcamento soterrado da Praza de Santo Domingo a través dun túnel.

Neste sentido, a responsable de Economía, tamén anunciou que ao longo desta semana enviarase un aviso aos praceiros que terán que trasladar os seus postos para unha nova ubicación durante as obras. “Ao final conseguimos que unhas obras importantes só afecten directamente a 9 de 66 postos que terán que ser reubicados a outro espazo equivalente e sen coste ningún para eles”.

A Concelleira de Economía indicou que con estes cambios preténdese cumprir a premisa fundamental que ten o Goberno Local para causar as mínimas molestias aos comerciantes da Praza de Abastos e o proxecto elaborado por Mercasa conseguiuno, xa que “serán moi poucos os postos que se terán que trasladar e esto mellorara moito a imaxe do edificio”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova