Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Cata Literaria de mañá terá como protagonista ao escritor Manel Loureiro


# Mércores, 11/02/2015
Os interesados poden achegarse ao MIHL a partir das 20 horas e desfrutar da gastronomia e da lectura

A Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, lembra que mañá xoves 12 de febreiro terá lugar a Cata literaria do mes de febreiro e que estará protagonizada polo escritor galego Manel Loureiro.

Así a partir das 20 horas o escritor que conseguiu ser un dos poucos autores españois contemporáneos que conseguiu situar as súas novelas na lista das máis vendidas de Estados Unidos. Entre os seus traballos destacan Apocalipsis 2: El principio del fin, Los días oscuros  e La ira de los justos que foron traducidos a máis de dez idiomas e publicados en preto de 20 países.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén hai unha mostra da gastronomía lucense acompañado de viño da Ribeira Sacra. Tamén, durante o evento, haberá música a cargo de diferentes grupos da cidade.

Ademais para as persoas que queiran asistir disporán dun bus urbano gratuito para os que se queiran achegar con saída da Casa Sindical ás 20 horas e volta ás 22:15 horas.

Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que está a venda na Biblioteca Municipal da Milagrosa (luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00), no Centro de Interpretación da Muralla, (luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00), no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), (martes a sábado, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30) e na web www.entradaslugo.es 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova