Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ORGANIZA CHARLAS INFORMATIVAS PARA PREVER ACCIDENTES E ATROPELOS NAS ZONAS RURAIS


11/2/2015 Comezan mañá ás 17.30 horas no Centro Social de Coeses e a continuación no de San Xoan do Campo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Coordinadora de Educación Vial da Dirección Xeral de Tráfico, Sara Fuenteseca, e o axente da Policia Local, Jorge Sanminguel, presentaron esta mañá unha campaña de seguridade vial contra os atropelos.

López Orozco explicou que “esta campaña ten como finalidade facer todo o que poidamos para evitar accidentes de trafico especialmente atropellos e non se vai a culpabilizar a ninguén xa que peons e condutores deben ser prudentes á hora de circlular por rúas e estradas”. Ademais tamén lembrou que en zonas con pouca luz como Galicia é fundamental levar as luces de cruce encendidas no coche durante todo o día xa que é unha boa forma de facer visible o vehículo, como fan os autobuses urbanos.

Pola súa parte, Sara Fuenteseca, explicou que a campaña comezou o ano pasado noutros concellos da provincia de Lugo e centranse, especialmente, nas persoas maiores que conducen pero tamén nas que pasean ou se moven polas estradas das zonas rurais.

As charlas informartivas comezan mañá xoves 12 de febreiro ás 17.30 no Centro Social de Coeses e ás 18.30 está previsto outra no Centro Social de San Xoan do Campo.  A seguinte reunión informativa será no Centro Social de Calde o mércores 18 ás 17.30 horas e no Centro Social de Conturiz ás 19 horas e rematarase o martes 24 de febreiro as 17 horas na parroquia de Benade, segundo explicou Jorge Sanmiguel.

Desta maneira todas as persoas interesadas das parroquias próximas poderán achegarse a estes espazos a escoitar as recomendacións de seguridade vial e ao remate das mesmas faráselles entrega de chalecos reflectantes para que os usen cando pasen polas estradas.