Imprimir

O CONCELLO DÁ A APROBACIÓN INICIAL O ESTUDO DE DETALLE PARA UNIR DÚAS PARCELAS DE SAN MARCOS PARA A CONSTRUCIÓN DUN ÚNICO EDIFICIO


11/2/2015 O Concelleiro de Urbanismo destacou a lealdade do Concello, que non cuestiona os tres meses de retraso nas obras do Plan Paradai e preguntouse qué sucedería se a incidencia se producira nunha obra municipal

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou que o Concello está a tramitar unha solicitude para a agregación de dúas parcelas da rúa San Marcos, nunha zona onde se pretende construir un novo edificio de vivendas. 

Luis Álvarez informou de que a Xunta de Goberno Local deulle hoxe a aprobación inicial ó Estudo de Detalle para a agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e estética dos edificios situados nos números 4 e 6 da rúa San Marcos.

Este acordo prodúcese unha vez que a solicitude conta coa preceptiva autorización de Patrimonio e someterase agora a exposición pública polo prazo de 20 días para a presentación de alegacións, como paso previo a aprobación definitiva do Estudo de Detalle polo Pleno do Concello.

A Xunta de Goberno tamén tomou a decisión de incautarse da garantía definitiva, por importe de 77.801 euros, polos desperfectos e deficiencias na instalación museográfica do Museo Interactivo da Historia de Lugo. Resólvese así o expedente aberto á adxudicataria da adecuación dos espazos, fabricación e montaxe da instalación museográfica por non ter enmendado os defectos que se lle reclamaron e que se detectaron nas instalacións  da Caixa Negra, a cinta cronolóxica e nas maquetas de Lugo Romano e Lugo Episcopal.

Ademais, o Goberno local tomou a decisión de renunciar á celebración do contrato para a subministración de áridos por motivos de interese xeral, para o abaratamento de custes xa que os servizos técnicos municipais detectaron a posibilidade de aforrar cartos dada a evolución de prezos no sector.

Retrasos no Plan Paradai

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente tamén comentou, en resposta a preguntas dos xornalistas, o retraso da Xunta de Galicia na finalización das obras do Plan Paradai.

As obras de construcción desta fase do Plan Paradai deberan estar rematadas o 28 de decembro pasado e agora a previsión é de acabar no prazo de tres meses.

Luis Álvarez destacou que o Concello puxo, sempre, todos os medios para sacar adiante esta esta actuación porque “nós en ningún momento quixemos poñer en risco unha obra importante para a cidade”.

O Concelleiro de Urbanismo lembrou que o Concello removeu todos os obstáculos que foi poñendo a Xunta e atendeu todas as súas exixencias que foi impoñendo en distintos momentos, e tamén accedeu a asinar unha addenda para transferir a 2015 parte dos cartos orzamentados para o ano 2014.

Como é sabido, a Xunta anunciou que as obras de construcción da ponte estarían rematadas o 28 de decembro pasado pero posteriormente argumentotou que se produciran algúns problemas que retrasaron a execución dos traballos e pediulle ó Concello a sinatura da nova addenda ó Convenio do Plan Paradai.

O Concello accedeu, explicou Luis Álvarez, “porque é leal coa cidadanía de Lugo e tamén coas outras administracións e consideramos que importante é que se fagan as obras”.

En todo caso, Álvarez chamou a atención sobre o que tería sucedido se o retraso se producira nunha obra executada polo Concello. “Qué estaría facendo do señor Castiñeira, colgando vídeos no seu blog ou tería un ataque de hiperactividade no twitter?”, preguntouse.

O Concelleiro de Urbanismo rematou reflexionando que “hai distintas formas de gobernar e de facer oposición, cómo fai oposición xa o sabemos e, polo ben desta cidade, agardo que non coñezamos nunca a forma de gobernar de Castiñeira”.

Accesibilidade

Luis Álvarez tamén comunicou que só dúas solicitudes de licenza están pendentes de  autorización polo Gabinete de accesibilidade, que ten que informar est tipo de peticións.

Esas dúas solicitudes de licenza entraron no Servizo de Urbanismo hai menos dun mes, os días 14 e 16 de xaneiro, respectivamente, tal e como explicou o Concelleiro que ironizou sobre a “nova teoría do Estado do Partido Popular”.

Dacordo coas teses do PP de Lugo, dixo Luis Álvarez, “os ministros e os concelleiros fan os informes técnicos e a Ministra de Fomento, nos seus ratos libres, pilota unha apisonadora”.