Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Mercado municipal mellora as súas instalacións coa incorporación dunha sala de colectores para depositar o lixo


# Xoves, 12/02/2015
O Mercado de Quiroga Ballesteros xenera cada día 7,7 metros cúbicos de residuos, segundo o estudo que realizou o Plan Urban

A Concellería de Economía, que dirixe Sonia Méndez, informa de que o Mercado de Quiroga Ballesteros incorporará en breve novas melloras que o Concello
decidiu levar a cabo con motivo da importante modernización experimentada por estas instalacións municipais grazas ó proxecto de reforma que desenvolveu o Plan Urban.

Estas dúas melloras consisten na creación dun cuarto para os colectores do lixo e dunha oficina para o uso dos comerciantes do Mercado municipal.

O cuarto de colectores habilitouse no espazo que anteriormente ocupaba Evislusa e quedará a punto unha vez que rematen as obras que se realizan esta semana para a conexión do local coa rede de saneamento, de xeito que se facilite a limpeza dese cuarto e tamén dar saída ós líquidos ou lixiviados xenerados polos residuos orgánicos.

A creación dun cuarto para gardar os colectores do lixo foi a proposta seleccionada para dar a mellor solución ó tratamento dos residuos. Esta solución escolleuse logo de realizar un estudo de residuos, no que se analizou a mellora maneira para xestionar o lixo e tamén se consultou a opinión dos titulares dos postos do Mercado.

Dacordo con ese estudo, o Mercado municipal xenera cada día un volume de 7,7 metros cúbicos de lixo. Tamén se dá conta no informe de que o maior volume dos residuos que se producen no Mercado corresponde, en primeiro lugar, a papel, seguido de madeira, procedentes ambos das embalaxes de produtos, e, en terceiro lugar, ós residuos orgánicos.

As obras que se realizan nesta semana, que teñen un presuposto de 5.058 euros e foron adxudicadas á empresa Odegal, tamén inclúen a dotación de mobiliario dunha pequena oficina para uso dos comerciantes do Mercado, que se habilitou, atendendo unha das peticións dos titulares dos postos, dentro do proxecto de remodelación que levou a cabo o Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea, a través dos Fondos FEDER, e que conta tamén coa participación económica do Concello de Lugo e da Deputación provincial.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova