Imprimir

O CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL DO ENTROIDO NO CASO DE CHOIVA REALIZARASE NUNHA CARPA NA PRAZA MAIOR


13/2/2015

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que en caso de choiva os participantes no Concurso de Disfraces Infantil que terá lugar mañá sábado 14 de febreiro concentraranse ás 17:00 horas na carpa instalada na Praza Maior diante da Casa do Concello.

Desta maneira, en caso de choiva, modificarase o programa previsto que tiña a saída dende o Mercado Municipal de Abastos e que pasaría pola Rúa Quiroga Ballesteros, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e rematando na Praza Maior.