Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
19/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O Alcalde e a Conselleira de Medio Ambiente visitan as obras da Ponte Paradai que estarán rematadas a finais de abril


# Miércoles, 18/02/2015
López Orozco pídelle a Ethel Vázquez que se adiquen a arranxar Serra de Meira os aforros nas obras do Plan Paradai

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde tamén lle comunicou á Conselleira a solicitude dunha xuntanza para desbloquear a parte pendente do PXOM

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, acompañaron hoxe á Conselleira de Medio Ambiente, Infraestruras e Territorio. Ethel Vázquez, nunha visita que realizou ás obras de construción da Ponte Paradai.

O Alcalde destacou que coa nova ponte “esta parte da cidade que parecía que estaba aillada queda agora máis cerca” e tamén demadou á Conselleira que se aproveiten as baixas económicas na execución do Plan Paradai para “arranxar Serra de Meira, dende o entronque de Carlos Azcárraga ata a entrada da calzada das Gándaras”.

López Orozco tamén aproveitou a presenza da Conselleira de Medio Ambiente, Infraestruras e Territorio para reclamar unha solución ó 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal pendente de aprobación pola Xunta. Como se lembrará, o Concello decidiu a semana pasada solicitar unha xuntanza para abordar esta cuestión coa Xunta, encontro que se vai solicitar coa Secretaria Xeral de Urbanismo dacordo coa resposta que lle deu hoxe a Conselleira ó Alcalde. 

Respecto das obras da Ponte Paradai, a Conselleira anunciou que estarán rematadas a finais do mes de abril xa que neste momento está executado o 80% do proxecto. Estes traballos corresponden á Fase I, que une a glorieta Ponte Paradai coa glorieta Serra de Meira.
A Conselleira manifestou que a primeira fase desta intervención que se está a acometer entre Ponte Paradai-Serra de Meira conta cun investimento que supera os 3,5 millóns de euros.

Respecto das actuacións pendentes do Plan Paradai, manifestou que se está a redactar o proxecto para a segunda fase desta infraestrutura, a que continúa a actuación ata a rúa Carlos Azcárraga.

Actuacións concretas

As tarefas consisten na construción dunha nova ponte sobre o ferrocarril e a conexión coa estrada das Gándaras (glorieta Serra de Meira). Terá unha lonxitude total de preto de 360 metros e un ancho de 14,5 metros e, unha vez rematada, a vía disporá de tres carrís para a circulación dos vehículos e de beirarrúas para facilitar o paso dos peóns.

Esta infraestrura axudará a mellorar a mobilidade na zona norte de Lugo, tamén suporá unha mellora na conexión entre o barrio das Gándaras e a cidade e fará máis doada a vida dos veciños desta zona, que na actualidade sofren o efecto barreira provocado pola vía do ferrocarril; ademais de redundar no incremento da seguridade para todos os cidadáns que residen no barrio.
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva