Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O total de colexios de primaria do Concello de Lugo participan un ano máis no programa de Almorzos Saudables


# Mércores, 18/02/2015
Durante esta edición o programa traballará con preto de 2.000 nenos e nenas de  educación Primaria que coñecerán os beneficios de almorzar de maneira saudable

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, presentou esta mañá unha nova edición, a duodécima, do programa de Almorzos Saudables que comeza o próximo luns 23 de febreiro no CEIP Luis Pimentel.

Manuel Núñez manifestou que “un ano máis contamos coa participación de todos os colexios de educación primaria tanto públicos, privados e concertados, para facerlles chegar aos nenos e nenas a importancia dunha alimentación saudable e traballar en evitar a obesidade infantil”. Este ano, os nenos e nenas, ademais de aprender os valores nutricionais tamén poderán desfruta de teatro de monicreques que terá como figura principal a Dona Enriqueta.

Esta actividades está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, para que coñezan a maneira máis saudable de alimentarse e evitar os malos hábitos.

Como novidade está a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, en concreto coa Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, na que varios estudantes do Grao de Nutrición Humana e Dietética van a estudar os menús e explicarlles aos pequenos a necesidade de alimentarse correctamente.

Os obxectivos desta campaña é conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan do xeito máis saudable, cun produto lácteo, que será fresco do día, froita, iogures e zumes de Eroski Vegalsa, e cereais ou pan de Ingapan. Este ano tamén se inclúe o mel natural que aportan a Asociación Provincial Lucense de Apicultores e un postre de leite e chocolate de Quescrem. Na presentación estiveron presentes a representante de Vegalsa-Eroski, Irasema Dámaso, e da empresa Quescrem, Jesús Maseda. Ademais o Concelleiro de Servizos Xerais agradeceu ás empresas colaboradoras que participan desinteresadamente no programa o seu apoio durante estes anos neste proxecto.

O programa Almorzos Saudables visitará os seguintes colexios ata o 29 de abril:

- 23, 24 e 25 de febreiro.- Colexio Luis Pimentel
- 26 e 27 de febreiro. - Colexio As mercedes
- 2 e 3 de marzo.- Colexio de Albeiros
- 4 de marzo.- Colexio da Ponte
- 5 e 6 de marzo.- Colexio Rosalía de Castro
- 9 de marzo.- Colexio Virxen da Soidade de As Gándaras
- 10 e 11 de marzo.- Colexio Maristas
- 12 e 13 de marzo.- Colexio Público Illa Verde
- 16 de marzo.- Colexio Divino Maestro
- 17 de marzo.- Colexio infantil Fingoi 2
- 18 de marzo. - Colexio Manuel Mallo
- 23 e 24 de marzo.- Colexio Paradai
- 25 de marzo.- Colexio de Casás
- 26 de marzo.- Colexio Milagrosa
- 27 de marzo.- Colexio Cervantes
- 8 de abril.- Colexio Quiroga Ballesteros
- 13 e 14 de abril.- Colexio Padres Franciscanos
- 15 de abril.  - Colexio Galén
- 16 a 17 de abril.- Colexio Anexa
- 20 e 21 de abril.- Colexio Menéndez Pelayo
- 22 e 23 de abril.- Colexio Salesianos Divina Pastora
- 27-28 de abril.- Colexio María Auxiliadora
- 29 de abril.- Colexio Fingoi


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova