Imprimir

O CONCELLO APROBA MELLORAS NA RÚA SANTO DOMINGO DA CALZADA


20/2/2015

A Concellería de Infraestruras e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, executará obras de mellora na rúa Santo Domingo da Calzada, nas que se van investir 24.400 euros.


A actuación consistirá na renovación do pavimento e do abastecemento desta rúa situada no Grupo de vivendas La Paz, no barrio de Fingoi.

A execución destes traballos foi adxudicada pola Xunta de Compras do Concello na reunión que celebrou este venres.