Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello estudará ampliar as bonificacións fiscais para as familias numerosas


# Martes, 24/02/2015
López Orozco recibe a directivos da Asociación Galega de Familias Numerosas 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde,  José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recibiu esta mañá a representantes da Asociación Galega de Familias Numerosas. No encontro participaron o Presidente da entidade, Luis Sánchez González; o Vicepresidente, José M. Trigo, e o Delegado da mesma, Jorge Maciñeiras. 

O Alcalde anuncioulles, ós representantes desta asociación, que o Concello estudará a ampliación das bonificacións xa existentes para este colectivo, nas tarifas das Ordenanzas municipais.

Na xuntanza, os directivos da Asociación Galega de Familias Numeroras informaron da creación dun Selo de Turismo Familiar ó que se poden adherir os concellos. Tamén se anunciaron súa intención de organizar un encontro de familias numerosas en Lugo a finais do mes de marzo ou primeiros de abril e interesáronse pola posibilidade de acceder ó uso de locais municipais xa que, segundo comunicaron, teñen o propósito de abrir sedes nas distintas capitais galegas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova