Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pagou 9,5 millóns en menos de 30 días no último trimestre de 2014


# Martes, 24/02/2015
En decembro, o Goberno local reduciu ata un 90% o tempo que tardaba en pagar ós proveedores municipais o Partido Popular

O Concello de Lugo é unha das administracións locais que mellor cumpre cos seus proveedores, mal que lle pese ó Partido Popular.

Esta é unha realidade irrefutable que demostran os datos. No último trimestre de 2014 o Concello de Lugo pagou o 82% das súas facturas en menos de 30 días, que é o prazo legalmente establecido. Concretamente, abonáronse sen esgotar ese período de tempo 1.617 facturas por un importe total de 9.515.000 euros. O importe das facturas que rebasaron ese prazo foi de 2,7millóns de euros.

O Goberno local lémbralle ó Partido Popular que a responsabilidade dunha administración pública ponse a proba tanto poñendo todos os medios para pagar coa maior axilidade posible ós proveedores como esforzándose en facer todas as comprobacións precisas para garantir o bo uso dos recursos públicos, o que significa someter a unha escrupulosa revisión todas as facturas co fin de asegurar que as facturas se pagan sempre dacordo cos servizos previamente contratados.

Resulta asombroso que o Partido Popular de Lugo, que pagaba ós proveedores deste Concello nada menos que en 134 días (catro meses e medio), se escandalice agora cando este Goberno logrou diminuir o período medio de pago nada menos que nun 90%.

En decembro de 2014 o período medio de pago do Concello de Lugo situouse en 13 días. Este é un dato que se pode comprobar na documentación oficial do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova