Imprimir

ÁBRESE O PRAZO PARA PRESENTAR OFERTAS ÁS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DE RÚAS DO CEAO


24/2/2015 O Concello sacou a licitación o contrato cun presuposto máximo de 793.500 euros

A Concellería de Infraestruras e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, comunica a apertura do prazo para a presentación de ofertas ó procedemento que convoca o Concello para realizar as obras de pavimentación das rúas do polígono industrial do Ceao.

O prazo para que as empresas presenten as súas ofertas abrirase mañá, unha vez que o Boletín Oficial da Provincia publicou este martes o anuncio de licitación, e prolongarase durante 26 días naturais. O procedemento de adxudicación é aberto

O proxecto de pavimentación nas rúas do polígono industrial do Ceao conta cun presuposto máximo de licitación de 793.500 euros, IVE incluído, e un prazo para a  execución da obra de catro meses.

Con esta actuación, vaise renovar o firme das rúas dos Artesáns, dos Canteiros, da Inspección, do Vidro, das Mercadorías, da Factoría, dos Carros, un carril da rúa da Industria e da ría da Agricultura e tamén se renovará a pavimentación, os servizos e as beirarúas da avenida Benigno Rivera.