Cargando....
Concello de Lugo
16/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Ampliado ata o 16 de marzo o prazo para presentar propostas ós Orzamentos Participativos


# Mércores, 25/02/2015
O Concello aproba o catálogo de postos de segunda actividade para a Policía Local

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 A Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Rosana Rielo, decidiu ampliar ata o prazo para a presentación de propostas ós Orzamentos Participativos. Desta maneira, o prazo para a tramitación das propostas,  rematará o día 16 de marzo, segundo anunciou o Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, na rolda de prensa na que informou dos acordos adoptados este mércores pola Xunta de Goberno Local. 

As propostas para o proxecto Lugo Opina Orzamentos Participativos (LOOP) poden ser presentadas por veciños tanto a título individual como en representación de asociacións ou colectivos cidadáns. Os trámites para formular as propostas poden facerse no Rexistro municipal ou ben a través da páxina web do Concello www.lugo.es, accedendo ó apartado de Orzamentos Participativos. 

Tamén se pode facer calquera consulta a través do teléfono de Atención Cidadá do Concello de Lugo 010 (ou 982 297 350 para as chamadas realizadas dende fóra do noso término municipal)

Tocante ós asuntos que aprobou hoxe a Xunta de Goberno Local, o Voceiro do Equipo de Goberno deu conta da decisión de modificar a relación de postos de traballo da Policía Local para a creación do catálogo de postos de segunda actividade.

Luis Álvarez informou de que este catálogo consta dun total de 17 prazas, das que 12 son de axentes, 3 para oficiais e 2 de inspectores. Concretamente, o catálogo contempla 6 prazas de policías para a Oficina de Atención ó Cidadán en quendas rotatorias, un oficial na Oficina Integral de Atención o Cidadán en horario de mañá, dous policias para Unidade Administrativa en horario de mañá, un policia na Oficina da Patrulla Verde en horario de mañá, un policia de vixiancia nas Oficinas Municipais, un policia de vixiancia no Concello, un oficial na Unidade Administrativa en horario de mañá, un oficial na xestión administrativa de atestados tamén en horario de mañá, un policia na Unidade de Sancións en horario de mañá, un inspector para xestión de recursos humanos en horario de mañá e un inspector para xestión da Unidade de Sancións en horario de mañá.


Contra o consumo de alcohol por menores
Ademais deste acordo, o Goberno local aprobou este mércores a adhesión do Concello de Lugo ó proxecto “Cidades en rede para a prevención do consumo de alcohol por menores”, a traves da campaña “Menores, nin unha gota. Máis de cen razóns para que un menor non beba”, que impulsan o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Federación española de bebidas espirituosas (FEBE). 

Este programa ten como obxetivo loitar contra o consumo de alcohol en menores de idade dende unha perspectiva preventiva e educativa desenvolvendo accións específicas.

Álvarez explicou que esta iniciativa, que será presentada nos vindeiros días máis polo miudo, vén sumarse ós programas que desenvolve dende hai anos a Área de Xuventude do Concello para o fomento de hábitos de ocio saudables entre a mocidade, actividades das que se benefician orredor de 8.000 mozos e mozas e que contan con financiamento do Plan nacional de prevención das drogodependencias.

Outros acordos 

En materia de Urbanismo, a Xunta de Goberno Local aprobou a imposición dunha multa coercitiva polo incumprimento dunha orde de execución de obras no inmoble número 66 da rúa Serra de Meira. Ademais da imposición desta multa, que é a quinta, reitéraselle á propiedade a orde de execución das obras. O importe desta sanción é de 5.000 euros. 

Tamén se autorizou a revisión de prezos correspondente á autorización do aproveitamento especial de varios espazos de dominio público municipal na rúa San Marcos, mediante a instalación de terrazas e cadeiras. 

Asimesmo, o Goberno local aprobou a incoación de expediente disciplinario a un empregado municipal por incumprimento do Estatuto Básico do Empregado Público, pola súa ausencia ao posto de traballo.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova