Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O sábado finaliza a XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa obra musical La flauta mágica, variaciones de furbi


# Xoves, 26/02/2015
Hoxe xoves a partir das 20:30 horas o actor Javier Gurruchaga protagoniza a obra de teatro Pluto de Aristófanes

O próximo sábado 28 de febreiro remata a  XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa obra musical La flauta mágica, variaciones dei Furbi  e que recibiu o premio MAX 2014 ao mellor musical.

Trátase dunha adaptación da ópera de Mozart interpretada por Robert González, Queralt Albinyana, Anna Herebia, Davis Marcé, Albert Mora e Llorenç González. A Frauta Máxica é unha gran ficción simbólica que culmina nun himno de fraternidade universal e que a compañía Dei Furbi usa como fio condutor para a especulación entre o Ben e o Mal cunha mezcla de humor de alta calidade.

Para asistir á función que comeza ás 20.30 horas están dispoñibles as entradas en a través da web entradaslugo.es  ou no propio Auditorio Gustavo Freire mañá venres de 18.00 ás 21.00 horas e o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Hoxe xoves a partir das 20.30 horas representarase Pluto de Aristófanes  a cargo da compañía Pentación e dirixida por Magüi Mira. Conta con actores como Javier Gurruchaga, Marisol Ayuso, Marcial Álvarez, Jorge Roelas, Ana Labordeta, Juan Meseguer, Sergio Otegui, Toni Miso e Cayetano Fernández que conta a historia dunha utopía do soño do reparto xusto da riqueza e do diñeiro envolto nun bo humor ácido.

Ademais Carmen Basadre anunciou que as tapas Puro Sabor poderán seguir desgustándose por un prezo de 2 euros ata o 8 de marzo nos seguintes establecementos:
 
- Restaurante Campos cunha tapa de Empanada negra de mexillón en escabeche.
- Mesón de Alberto con Pasta fresca rechea de capón asado con curry.
- Taberna do España cunha tapa de Carrilleira de porco celta con emulsión de pataca.
- Restaurante Manuel Manuel  coa tapa Amor...E un corno!
- Restaurante Mangiarte coa tapa Silencio de Papageno
- Restaurante La Encina con A esencia de Marivaux
- Canela Bakery Coffee cunha Tosta de verduras asadas, ollo de paspallás e xuliana de ibérico.
- Arrocería Os Cachivaches coa tapa A vinganza de Próspero.
- O Mercado Street Food  cunha Fajita de lacón galego.
- Restaurante Paprica terá Lentellas con foie gras.
- Restaurante España cunha tapa Canelón de galo de curral, migas crocantes e ensalada de brotes.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova