Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Asinado o contrato para a construción do edificio de Novas Tecnoloxías


# Xoves, 26/02/2015
As obras deste novo proxecto do Plan Urban, que teñen un presuposto de 330.500 euros, comezarán nuns días

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, asinou hoxe o contrato para a ampliación da Casa do Concello coa construcción do edificio destinado ás Novas Tecnoloxías, un novo proxecto que se financia con cargo ós fondos do Plan Urban.

Coa sinatura do contrato cúmprese o último paso pendente para dar comezo ás obras que, como xa se anunciara, empezarán a principios de marzo e terán unha duración de dez meses.

A construcción do edificio de Novas Tecnoloxías no solar situado na praza de Anxo Fernández Gómez, na parte traseira da Casa do Concello, suporá un investimento de
330.562 euros e será executada pola empresa OREGA.

Con esta obra, crearase unha nova infraestrutura municipal no Casco histórico e, tamén, se dará satisfacción a un histórico obxectivo da cidade como é a ampliación da Casa Consistorial.

O Concello logrou un aforro de 125.826 euros respecto do prezo de licitación deste proxecto, unha nova actuación que se executa no Casco histórico de Lugo con fondos do  Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea, a través do FEDER, e no que tamén fan achegas económicas o Concello e a Deputación provincial.

O edificio das Novas Tecnoloxías, que estará comunicado coa Casa do Concello terá, na planta baixa, un espazo de atención ao público así como equipos informáticos inalámbricos a disposición dos usuarios, ademais de exhibirse, nela, os valiosos restos arqueolóxicos atopados durante as catas arqueolóxicas. Na primeira planta haberá aulas para reunións que poderán poñer a disposición de emprendedores e empresarios que necesiten facer xuntanzas e carezan dun espazo físico para levalas a cabo.

Restos da basílica romana

Na cata arqueolóxica realizada antes da construción do novo edificio atopáronse dous muros, un deles corresponde ó muro perimetral da nave central da basílica romana e outro, paralelo a este e que se usou como base para algunha estrutura non identificada.

Os restos do muro de peche da nave central da basílita romana teñen un grosor de 1,30 metros e está composto por opus caementicium, un tipo de formigón romano composto de cantos de rio e típico na zona norte, na base e por laxes de lousa na parte superior. O outro muro, máis pequeno, dun metro de anchura serviría como base para poñer un acceso ou para a instalación de estatuas.

Esta basílica corresponde cun dos varios edificios que albergaba o Foro Romano de Lugo e que era o centro de negocios ou mercado de época romana, que se sabe que tiña un ancho de 20 metros aproximadamente.

O solo da basilica está totalmente arrasado e non se atopou ningún tipo de estrato romano xa que inicialmente estaba máis alto do que está na actualidade o que conleva que non se poda datar de maneira tan precisa pero si que se sabe que debeu ser a partir da primeira metade do século I d. C, como indicou Xavier Chao.

Este descubrimento incorporouse ó proxecto do novo edificio de Novas Tecnoloxías e poderase visitar en situ ó ser a única mostra visible do Foro Romano da cidade, unha vez que finalicen os traballos de construcción do mesmo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova