Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo promocionará a cidade no 16º Xantar Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense


# Xoves, 26/02/2015
Nesta feira agárdase a presencia de máis de 20.000 persoas entre os días 4 e 8 de marzo en Expourense

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Presidente da APEHL, Cheché Real, e a a Directora de Relacións Internacionais Expourense, Emma González, anunciaron a participación do Concello de Lugo no 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

López Orozco explicou que o Concello de Lugo volve a estar presente nesta importante feira de turismo e “teremos presencia cun posto de información nos que presentamos os atractivos da cidade ademais de que nun evento con tanto éxito e no que se fala de gastronomía non pode faltar a presenza de Lugo porque E para comer Lugo… “

No 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense entre os días 4 e 8 de marzo dedicarán un día a Lugo, o venres 6 de marzo, no que ademais dun acto institucional tamén haberá unha demostración con cociñeiros da cidade. “Durante os catro días alí estaremos para dar a coñecer ademais da nosa gastronomía, toda a oferta turística da cidade, dende o turismo cultural e accesible ao turismo medioambiental” segundo destacou o Alcalde.

Pola súa parte, Emma González, sinalou que a feira Xantar naceu coa intención de propoñer aos turistas a visita a Galicia dende un punto de vista gastronómico xa que o factor culinario 

Nesta edición de Xantar participan máis de vinte restaurantes procedentes de toda Galicia, de Lugo irá Mesón de Alberto, de Castela e León e varias rexións turísticas de Portugal ademais de Costa Rica. Durante os catro días ofreceranse menús basados nos produtos autóctonos e de calidade, amparados en Denominacións de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, e contribuirase na posta en valor dos produtos agrogandeiros e do mar de calidade incluindo menús aptos para celíacos. 

O programa de actividades incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas, habendo máis de 100 actividades orientadas a profesionais e afeccionados co fin de poñer en valor os produtos saudables e de apostar pola profesionalización do sector.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova