Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xustiza avala o embargo feito polo Concello de Lugo á Xunta de Galicia polo impago da débeda do IGVS


# Xoves, 26/02/2015
O Xulgado do Contencioso négase a admitir a trámite un recurso da Xunta e imponlle o pago das costas xudiciais

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A prepotencia da Xunta levouna a interpor o recurso contencioso saltando o trámite previo de reclamación no Concello
 
 
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, deron conta hoxe dunha sentenza xudicial que “supón un varapao á Xunta de Galicia na súa negativa reiterada a saldar a débeda tantas veces reclamada infructuosamente polo Concello de Lugo ó Instituto Galego de Vivenda e Solo que a Xunta non recoñecía referida ó IBI”, tal como explicou o Rexedor municipal.

“Gustaríame que a Xunta recapacite despois desta sentenza, porque non hai nada mellor que a coordenación entre administracións”, dixo o Alcalde e remarcou que o Concello “non é unha Administración inferior á Xunta de Galicia, xa está ben de que a Xunta considere ós concellos unha administración de segundo ou terceiro orde e de que nos queira impoñer determinadas resolucións”.

Pola súa parte, a Concelleira de Economía explicou que “acabamos de recibir unha sentenza do Xulgado do Contencioso que rexeitou admitir a trámite un recurso presentado pola Xunta contra un embargo ditado polo Concello de Lugo á un inmoble do IGVS pola débeda contraída por negarse a pagar o IBI, que teñen que pagar todos os contribuíntes”.

“O Xulgado nin sequera aceptou estudar a reclamación da Xunta contra o embargo, desbotou a admisión a trámite deste recurso porque a Xunta, nun acto de soberbia e desprezo por este Concello, plantexou o recurso contencioso sen ter feito previamente a obrigada reclamación económico-administrativa diante da Administración local, é dicir saltou un trámite porque se considera superior ás outras administracións e ós propios cidadáns e contribuíntes”, salientou Sonia Méndez.

A Concelleira de Economía considerou que “éste é un exemplo da prepotencia da Xunta, tantas veces denunciadas polo Concello de Lugo, que se reflicte nunha sentenza na que a Xustiza deixalle claro que non pode facer de menos á administración municipal e que ten que actuar seguindo os mesmos cauces que todos os cidadáns, os establecidos polo ordenamento xurídico”. 

A sentenza dí, textualmente que a Xunta “non está exonerada da reclamación administrativa prevista polo ordenamento xurídico” e que “non actúa investida de poder ante outras administracións, neste caso o Concello, senón como suxeito pasivo e contribuínte”

Sonia Méndez tamén destacou que “esta prepotencia supón que ós contribuintes galegos teñan que pagar as costas que lle impón o Xulgado á Xunta” e lembrou que a débeda contraída co Concello de Lugo polo IGVS ascendía a 210.637 euros en concepto de Imposto de Bens Inmobles, principalmente, e ante a negativa da Xunta a pagar, o Concello procedeu ó embargo dun inmoble do IGVS situado na rúa do Miño, número 27”.

Méndez explicou tamén que “grazas a toda a presión exercida polo Concello, a débeda diminuiu considerablemente, foron pagando o que debían, neste momento teñen pendente de pago 9.000 euros e ata que salden a débeda o embargo mantense”.

“Esperamos que esta decisión da Xustiza lle dea un baño de humildade a Xunta de Galicia, que tomen nota e que aprenda que ten que facer os mesmos trámites que calquera cidadán e pagar as débedas como todos os contribuíntes”, manifestou a Concelleira de Economía.






Unha vez máis, os datos son irrefutables


O Concello de Lugo paga moi ben grazas ós mecanismos que fomos establecendo para axilizar todo o posible o pago dos servizos que nos prestan os nosos proveedores. 

Ésa é unha proba de bó Goberno. O pago puntual dos compromisos adquiridos, que nos marcamos como unha das nosas prioridades desque eu goberno. Para que ningún proveedor teña problemas polo feito de contratar co Concello de Lugo.

En decembro a media de pago das facturas foi de 13 días, a metade da media dos concellos que é de 24 días.

O Partido Popular, que tanto presume, pagaba neste Concello en 134 días: 4 meses e medio. 


Son datos oficiais, non deste Goberno senón do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. 



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova