Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde esixe á Xunta unha política de vivenda eficaz para dar resposta a casos como o dunha familia de Tirimol sen recursos que pode perder a súa casa


# Xoves, 26/02/2015


O Alcalde,  José López Orozco, reclamoulle hoxe ó Goberno galego unha política de vivenda que dea resposta ás persoas que sofren a dramática experiencia de perder o seu fogar por falta de recursos económicos.

O Alcalde instou á Xunta de Galicia a exercer as súas responsabilidades nunha materia na que é a administración competente como é a de vivenda. 

López Orozco fixo esta reivindicación nun momento no que, destacou, “temos o corazón encollido todos os lucenses pola noticia desa familia de Tirimol, que carece de medios económicos e está obrigada, por orde xudicial, a derrubar a casa na que reside”. 

“Se a Xunta gobernara con eficacia, hoxe podería ofrecerlle unha vivenda”, destacou o Alcalde, quen amosou a súa preocupación polas consecuencias da política de vivenda que está a desenvolver o Goberno galego. Así, lembrou que “en dous anos máis de 5.000 familias galegas perderon a súa vivenda e o orzamento que adica a Xunta a axudas para o alugueiro diminuiu de 11 a 4 millóns de euros desde 2011”.

“Esto demostra o absoluto destinterese da Xunta gobernada polo Partico Popular pola promoción da vivenda de alugueiro e d epromoción pública, mentres moitos galegos están a perder a súa casa polos desafiuzamentos”, salientou o Alcalde e lembrou que 439 familias galegas perderon a súa vivenda entre entre xuño e setembro de 2014.

López Orozco destacou tamén que a cifra de desafiuzamentos en Galicia nos dous últimos anos superou os 5.000 casos pero só 43 familias foron realoxadas pola Xunta e o Goberno Galego só construiu 42 vivendas de promoción pública entre xaneiro e setembro de 2014. 

A cifra de familias inscritas no rexistro do Xunta como demandantes dunha vivenda protxida era de 15.226 a data de 26 de xaneiro. 

O Alcalde tamén lle reprochou ó Goberno galego a falta de eficacia na súa xestión xa que a sinatura do Plan Vivenda 2013-2016 produciuse “con 21 meses de retraso e a Xunta acadou para Galicia 46 euros por habitante, fronte ós 57 de media en España ou os 61 en Asturias, 99 de Aragón e 117 da Rioxa”. 

O Concello de Lugo, pola contra, sí exerce as súas competencias, pero só pode ofrecer á devandita familia de Tirimol, se así o solicita, unha solución transitoria como son os pisos de emerxencia ou as axudas ó alugueiro que proporciona a Concellería de Benestar Social e Igualdade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova