Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo visita as obras da 2º fase de rehabilitación do Vello Cárcere e anuncia a súa posta en funcionamento durante o 2015


# Venres, 27/02/2015
Con esta nova infraestrutura cultural a cidade disporá dun novo auditorio con capacidade para preto de 140 persoas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, visitaron as obras da segunda fase de rehabilitación do Vello Cárcere que xa están moi avanzadas.

Nesta primeira visita, López Orozco sinalou que “podemos anunciar que a finais deste ano os veciños e veciñas e os que nos visiten imos poder desfrutar dunha nova infraestrutura cultural no centro da cidade”. Esta segunda fase do proxecto de rehabilitación do Vello Cárcere, elaborado polos arquitectos Creus e Carrasco, ten un orzamento de case 1,4 millóns de euros.

Durante a visita fíxose un percorrido polas novas instalacións da segunda fase e nas que se habilitou unha pequena biblioteca e unha zona de recepción na parte baixa, na primeira planta creaouse un auditorio que dispón de 137 butacas para poder desenvolver actos ou concertos de pequena dimensión e que está dotado con camerinos. Na parte superior creouse unha gran terraza con vistas á Muralla e na que se instalará unha cafetería que abastecerá non só aos usuarios senón a todas as persoas que queiran desfrutar da Muralla dende outro punto de vista.

O Alcalde tamén anunciou que durante o próximo mes haberá visitas con asociacións culturais e con grupos de teatro para que coñezan os novos espazos e aporten as súas opinións en canto ás necesidades de uso que poidan ter nun futuro.

O Concello investiu no proxecto de transformación do Vello Cárcere nun Centro cultural un total de 3,7 millóns de euros do Plan Urban, programa cofinanciado ó 80% pola Unión Europea e ó que tamén fan achegas o Concello e a Deputación provincial.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova