Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura anunciou o cartel gañador que anunciará o Arde Lucus MMXV


# Luns, 02/03/2015
É obra do murciano Cristobal Aguiló que gañou o primeiro premio do concurso convocado polo Concello

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador do Arde Lucus MMXV.

O cartel que anunciará este ano a festa do Arde Lucus é obra de Cristobal Aguiló Domínguez, que o presentou baixo o título “Revive a Historia”. A gañadora dos 1.000 euros cos que estaba dotado o primeiro premio do concurso convocado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua é de Murcia.

Por cuarto ano consecutivo, o cartel do Arde Lucus foi seleccionado nun concurso ó que se presentaron preto de 40 propostas.

O gañador foi elixido polo xurado, que estivo formado por Adolfo de Abel Vilela, Alejandro Carro Rodriguez e Jose Luis Rodriguez Tella, nunha reunión celebrada esta mañá na Casa da Xuventude.

O Arde Lucus XXMMV, Festa de Interese Turístico Galego, celebrarase entre os días 19 e 21 de xuño.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova