Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello obtén máis terreos para a construción do futuro colexio do Sagrado Corazón


# Luns, 02/03/2015
O Alcalde asinou hoxe dous novos convenios para a cesión ó Concello doutras tantas parcelas cunha superficie total de 1.834 metros cadrados

O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe dous convenios máis para a cesión ó Concello de senllas parcelas no barrio do Sagrado Corazón.

Con esta sinatura dos convenios coa propiedade destas dúas parcelas, unha delas de 926 metros cadrados e a outra de 908 metros cadrados, o Concello de Lugo, dá un novo paso nas xestións que desenvolve a Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, dirixida por Luis Álvarez, para facerse cos terreos esixidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a construcción do novo colexio no Sagrado Corazón.

O Alcalde destacou, de novo, a gratitude do Concello de Lugo cos propietarios que están a colaborar de xeito desinteresado para lograr que os nenos e nenas do barrio dispoñan desta nova dotación escolar.

A finalidade destes dous novos convenios urbanísticos asinados hoxe é facer posible que o Concello de Lugo poida poñer a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dos terreos para a construcción dun novo CEIP nas inmediacións do actual centro e sempre dentro do barrio do Sagrado Corazón, en colaboración cos veciños propietarios no sector S-5.R de Burozos.

As dúas parcelas contan cunha superficie total de1.834 metros cadrados. O Concello xa ten asinados seis convenios con distintos propietarios cos que logrou a cesión de 5.552 metros cadrados e continúa cos xestións para obter o resto da superficie esixida pola Consellería. 

Os dous documentos asinados hoxe polo Alcalde teñen natureza de convenio urbanístico de planeamento, coa propiedade das dúas parcelas que ceden a favor do Concello os terreos da súa propiedade, libres de cargas e gravames e de forma totalmente gratuíta.

Esta cesión faise reservando ó seu favor o aproveitamento urbanístico susceptible de apropiación correspondente a eses terreos, para facelo efectivo no instrumento de equidistribuición de beneficios e cargas que se tramite no futuro con motivo da execución do Plan Parcial que desenvolva o Sector “LUGO S-5.R”, permitindo expresamente a súa ocupación dende a data da sinatura para que o Concello poida poñelo a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova