Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conmemora o Dia Internacional da Muller con actividades, música e conferencias


# Martes, 03/03/2015
O domingo 8 de marzo será a XII Marcha pola Igualdade e o luns 9 entregaranse os premios Entre Mulleres

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres o próximo domingo 8 de marzo.

A responsable da área de Igualdade, explicou que os actos comezarán o propio domingo 8 de marzo ás 11.30 coa actividade Traballadoras artesás: acubillo de creatividade, produtividade e integración en colaboración coas asociacións Corazóns Artesáns e Asociación Penitenciaria Concepcion Arenal e a actuación da Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira. A continuación, ás 12.00 horas, comeza a XII Marcha pola Igualdade polo adarve da Muralla e con saída dende a Praza Maior.

O broche final para ese día é o concerto con entrada gratuita da artista portuguesa Marta Ren, considerada unha das mellores voces do soul, a partir das 19.00 horas no Auditorio Gustavo Freire.

O luns 9 de marzo ás 12 horas no Salón de Plenos farase a entrega dos premios “Entre Mulleres”, que este ano recaen nas xornalistas Erika Reija e Ana Expósito e en Branca Rodriguez Pazos. Ás 19.30 horas tamén haberá unha mesa redonda na que baixo o título Impacto socioeconómico da crise na vida das mulleres coa participaicón das Secretarías da Muller dos Sindicatos CIG, CC.OO. E UXT.

Os actos rematan o mércores 11 de marzo ás 18 horas no salón de actos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra cunha conferencia sobre As irmáns Fernández de la Vega impartida por Ánxela Bugallo, Secretaria da Facultade de Ciencias da Educación da Coruña.

Durante o mes de marzo celebraranse actividades de concienciación en diferentes espazos municipais como son as ociotecas nas que se desenvolverá o programa Aprende Xogando  de fomento da igualdade. Tamén durante este mes a exposición Elisa e Jimena Fernandez de la Vega, que foron as primeiras mulleres licenciadas en Galicia e Asturias percorrerán diferentes centros educativos e sociais da cidade. Esta exposición está elaborada por profesores e alumnos do IES Lucus Augusti.

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá unha exposición das imaxes participantes e premiadas nos certames de fotografía Revelando o machismo que se poderá visitar ata o 31 de marzo. Ademais tamén dende as bibliotecas do Centro de Convivencia de Fingoi e do Parque da Milagrosa promocionaranse os libro adicados ou escritos por mulleres.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova