Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visitou hoxe ós alumnos do colexio Rosalía de Castro que participaron no programa Almorzos Saudables


# Xoves, 05/03/2015
Este programa municipal axudou a que máis de 27.000 nenos e nenas aprenderan a almorza dun xeito máis saudable

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Núñez, visitaron esta mañá aos nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro que participaron esta mañá nunha nova edición do programa Almorzos Saudables que organiza o Concello de Lugo.

O Alcalde sinalou que “este programa ten como finalidade que saiban dende pequeniños almorzar de xeito saudable porque para estar no colexio hai que traballar co corpo e coa mente e por iso é necesario ter moita enerxia”.

Neste programa, os nenos de 5 a 8 anos de todos os colexios da cidade aprenden a alimentarse de maneira saudable e disfrutan coas peripecias de Dona Enriqueta, a nova mascota dos Almorzos Saudables que lles ensina a eliminar malos hábitos alimenticios.

Nas doce edicións do programa de Almorzos Saudables xa son máis de 27.000 os nenos e nenas de Lugo que tomaron parte nunha actividade que pretende que coñezan a maneira máis saudable de alimentarse e evitar os malos hábitos.

O Alcalde explicoulles ós nenos e nenas do colexio de primeiro curso de Primaria que “é moi importante almorzar ben e de maneira equilibrada xa que así consíguese un maior rendemento no colexio e tense máis enerxía para afrontar as actividades diarias.” Ademais recomendou que os nenos e nenas deben comer froita, lácteos e cereais para medrar con saúde e fortes.

Como novidade este ano está a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, en concreto coa Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, na que varios estudantes do Grao de Nutrición Humana e Dietética van a estudar os menús e explicarlles aos pequenos a necesidade de alimentarse correctamente.

Os obxectivos desta campaña é conseguir que os rapaces almorcen e ademais que o fagan do xeito máis saudable, cun produto lácteo, que será fresco do día, froita, iogures e zumes de Eroski Vegalsa, e cereais ou pan de Ingapan. Este ano tamén se inclúe o mel natural que aportan a Asociación Provincial Lucense de Apicultores e un postre de leite e chocolate de Quescrem. Na presentación estiveron presentes a representante de Vegalsa-Eroski, Irasema Dámaso, e da empresa Quescrem, Jesús Maseda. Ademais o Concelleiro de Servizos Xerais agradeceu ás empresas colaboradoras que participan desinteresadamente no programa o seu apoio durante estes anos neste proxecto.

O programa Almorzos Saudables visitará os seguintes colexios ata o 29 de abril:

- 9 de marzo.- Colexio Virxen da Soidade de As Gándaras
- 10 e 11 de marzo.- Colexio Maristas
- 12 e 13 de marzo.- Colexio Público Illa Verde
- 16 de marzo.- Colexio Divino Maestro
- 17 de marzo.- Colexio infantil Fingoi 2
- 18 de marzo. - Colexio Manuel Mallo
- 23 e 24 de marzo.- Colexio Paradai
- 25 de marzo.- Colexio de Casás
- 26 de marzo.- Colexio Milagrosa
- 27 de marzo.- Colexio Cervantes
- 8 de abril.- Colexio Quiroga Ballesteros
- 13 e 14 de abril.- Colexio Padres Franciscanos
- 15 de abril.  - Colexio Galén
- 16 a 17 de abril.- Colexio Anexa
- 20 e 21 de abril.- Colexio Menéndez Pelayo
- 22 e 23 de abril.- Colexio Salesianos Divina Pastora
- 27-28 de abril.- Colexio María Auxiliadora
- 29 de abril.- Colexio Fingoi


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova