Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival Donas do Mundo e a exposición Nosoutras reivindican o papel das mulleres artistas


# Xoves, 05/03/2015
A exposición na que participan 12 artistas diferentes inaugúrase o sábado ás 11.30 no MIHL

Imaxe Asociada
O Concerto de Marta Ren terá lugar o domingo 8 de marzo ás 19 horas no Auditorio Gustavo Freire e con entreda de balde


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá o primeiro Festival Donas do Mundo co que se pretende destacar o papel de artistas musicais femininas que triunfan en diferentes xéneros, Marta Ren, Carmen París e Aurora & The Betrayers.

O primeiro concerto celébrase o próximo domingo 8 de marzo coa actuación da portuguesa Marta Ren ás 19 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire e será con entrada de balde. Esta artista é unha das protagonistas no mundo musical portugués dende a década dos 90 que versiona clásicos do soul e do funk acompañada por unha banda de oito músicos de rhythm and blues.

A aragonesa Carmen París que irrumpiu no panorama musical no ano 2002 co seu primeiro album do que vendeu máis de 40.000 copias e levou varios premios de música ao mellor album de música tradicional, actuará no Auditorio Gustavo Freire o sábado 21 de marzo ás 20.30 horas. A entrada terá un prezo de 6 euros e poderanse mercar no propio Auditorio o dia do concerto ou a través de entradaslugo.es e no que presentará o seu cuarto disco Ejazz con Jota no que por primeira vez a jota sona acompañada po unha Jazz Orchestra.

O último dos concertos serña o de Aurora& The Betrayers o venres 10 de abril ás 21 horas no Auditorio Gustavo Freire e a entrada terá un prezo de 3 euros.  Este grupo que se une no 2014 e presenta o seu primeiro traballo Shadowa go Away conseguiron sorprender a crítica e público cun traballo no uqe se reflicte a maxia da personalidade propia con influencias do rock máis clásico, ao pop ou folk norteamericano. Esta banda está catalogada como a proposta máis xenuina do panorama musica nacional e está avalado polo premio Pop-Eye 2014 na categoría de Mellor Banda de Música Negra.

Exposición Nosoutras

A responsable da área de Cultura sinalou que este é o mes das mulleres e que por iso tamén se inaugura no Museo Interactivo da Historia de Lugo a exposición Nosoutras, que recolle o traballo de doce artistas todas mulleres e galegas. Na rolda de prensa de presentación que contou coa presencia da artista Maria Mata en representación de todas as participantes anunciouse a inauguración desta mostra para o próximo sábado 7 de marzo ás 11.30 horas no MIHL.

As artistas que participan nesta mostra son Mariana Bernardo, especialista en debuxo en papel e grabado; Teresa Canda especilista en pintura feminina; Mila Carballido que presenta técnicas únicas en artesanía; Cuqui Bakes con reposteria creativa; Ehlaba Carballo, especialista en plasticidade conceptual; Loly Felpeto, obras de pintura intima; Isabel Gil, gráfica expresiva; Rebeca López, presenta as súas historias debuxadas; Irma Marco, mestura plasticismo e música con técnicas moi innovadoras; Maria Mata pintura e debuxo en papel; Orelli Pello, con ilustracións e acuarelas; e Reme Remedios, que presenta obras con fusión de téxtil e pintura.

Carmen Basadre explicou que “é unha exposición novidosa no que se aposta polo traballo das mulleres galegas que están despuntando e usando novas técnicas artísticas con resultados sorprendentes” e invitou a todos os cidadáns a achegarse a desfrutar destas obras.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova