Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
28/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O domingo 8 de marzo celebrarase no Centro Comercial As Termas a cuarta proba puntuable do Circuíto Corre con Nós


# Viernes, 06/03/2015
Nesta carreira está prevista a participación duns 1.200 atletas e ofrece un percorrido de 5.150 metros que combina asfalto e terra

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que o próximo domingo 8 de marzo, no Centro Comercial Ás Termas, terá lugar a cuarta proba puntuable do Circuíto Corre con Nós. Nesta carreira está prevista a participación duns 1.200 atletas. O percorrido de 5.150 metros combina asfalto e terra e non presenta ningunha modificación respecto a edicións anteriores.

A carreira para adultos dará comezo ás 12:40 horas dende o aparcadoiro superior do propio centro comercial, lugar de saída e chegada de todas as probas. Previamente, a partir das 12 horas, celebraranse as carreiras para os máis pequenos, con diferentes distancias e horarios, segundo a idade. A xornada empezará coas carreiras dos nenos nacidos entre 2009 e 2010, cunha distancia de 300 metros e continuará cos de idades comprendidas entre os 7 e os 9 anos, con 571 metros. Ás 12:20, será a saída para os pequenos de entre 10 e 12 anos, cunha proba de 1.752 metros e por último, os de idades entre 13 e 15 anos, cunha carreira de 2.670 metros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva