Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello tivo coñecemento de 77 incidencias grazas ó servizo de Liña Verde


# Martes, 10/03/2015
Este servizo atende consultas medioambientais e serve de canle para comunicar calquera deficiencia que se produza no equipamento urbán

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, pon a disposición dos veciños e veciñas un servizo que emprega as novas tecnoloxías para a resolución de consultas medioambientais e a comunicación de calquera tipo de incidencias no equipamento urbán.

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente puxo en servizo o ano pasado o servizo Liña Verde a través do cal os veciños de Lugo deron conta durante o pasado exercizo dun total de 77 incidencias no equipamento urbán do noso concello. A maioría das comunicacións recibidas por esta canle refírense a parques e xardíns, recollida do lixo, limpeza e sumidoiros. 

O servizo de Liña Verde é unha nova ferramenta que o Concello de Lugo ten posto a disposición da cidadanía para difundir as boas prácticas ambientais e, tamén, para fomentar a participación cidadá, contribuindo deste xeito a que os lucenses se impliquen no coidado da nosa cidade e dos equipamentos públicos.

Para utilizar este servizo basta con descargar a APP Línea Verde en Play Store ou APP Store. Ademais, o servizo tamén está dispoñible a través da páxina web www.lineaverdelugo.com e pode accederse a el a través da web do Concello www.lugo.es. Neste dominio, o usuario poderá facer consultas en materia de medio ambiente e tamén atopar unha ampla información sobre guía de boas prácticas, consellos ambientais e de aforro enerxético, reciclaxe, lexislación, recursos de educación ambiental etc.

O servizo Líña Verde, que contribúe a fomentar o uso das novas tecnoloxías como instrumento de participación cidadá na vida municipal e que se encadra no concepto de smart city, recibiu o premio Conama 2014 á Sostenibilidade e tamén obtivo o premio de Calidade 2013 na categoría de Desenvolvemento Urbano Saudable e Sostible concedido pola Rede Española de Ciudades Saudables.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova