Cargando....
Concello de Lugo
03/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez recibe a un grupo de estudantes da Escuela Internacional de Gobierno de México


# Xoves, 12/03/2015


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, recibiu esta mañá a un grupo de 16 alumnos da Escola Internacional de Gobierno de México que se atopan de visita en España para coñecer o funcionamento das administracións públicas e da situación política.

Durante once dias visitan diferentes lugares de España e en Galicia, ademais de Lugo estarán en Ourense e Santiago de Compostela,  onde reciben diferentes talleres sobre formación en comunicación e politica.

Luis Álvarez deulles a benvida a nosa cidade e invitounos a coñecer non só a oferta turística da cidade se non tamén a oferta gastronómica. Durante o encontro, no que tamén participou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Gonzalez Abelleira, os alumnos mexicanos preguntaron polo funcionamento da administración local, as axudas en benestar social, a situación económica da cidade, a igualdade e a xuventude entre outros temas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova