Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello homenaxeará ós pais cun acto no Cemiterio de San Froilán


# Venres, 13/03/2015
Haberá un concerto da Banda e contarase coa participación de escolares do CEIP Menéndez y Pelayo

Imaxe Asociada
A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Manuel Núñez, comeza coa chegada do bo tempo unha nova xeira de actividades culturais no Cemiterio de San Froilán.

A primeira delas será un concerto da Banda municipal para conmemorar o Día do Pai, xa que o ano pasado foron as nais as agasalladas.

Este acto de homenaxe terá lugar o vindeiro xoves, día 19 de marzo, ás 12.45, e ademais da actuación da Banda contarase coa colaborar no mesmo de nenos e nenas do CEIP Menéndez y Pelayo.

Dende a Concellería de Servizos Xerais, preténdese consolidar o recinto de cemiterio como un centro municipal máis de actividades socioculturais organizadas polo Concello. Trátase, por un lado, de potenciar a riqueza patrimonial do entorno do Cemiterio de San Froilán e o seu entorno e, tamén, se pretende contribuir a que asumamos con naturalidade o ciclo da vida, sempre con arreglo ós valores humanos inherentes ás persoas e con absoluto respecto polas crenzas de cada quen.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova