Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de presentación de ofertas para o Plan de sinalización horizontal


# Venres, 13/03/2015


O Concello de Lugo ten aberto o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas para a execución das obras correspondentes ó Plan de sinalización horizontal.

A contratación das obras correspondentes ó plan de sinalización horizontal saiu a licitación, polo procedemento aberto, cun orzamento máximo de 199.982 euros e un prazo de execución de seis meses.

O prazo para a presentación das propostas permanecerá aberto ata o día 6 de abril.

O anuncio desta contratación foi publicada no Boletín Oficial da Provincia do luns, día 9 de marzo.

O plan de sinalización horizontal, que foi elaborado polo Gabinete de Tráfico da Policía local, divide a cidade en catro zonas e establece as prioridades de actuación nas distintas rúas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova